martes, 26 de octubre de 2021

O QUE FALTABA E ALGO MAIS...

 OLA!

A saída a ver as árbores do paseo, foi unha experiencia curtiña, pero moi aproveitada. Descubrimos algunhas árbores que non coñeciamos e explicamos aos compas as que si. Cores e formas describían a cada un. Se tiña follas ou non:  "ESTÁN CADUCADOS", apuntou alguén por alí. Quedamos en voltar para o inverno e ver se acertamos nas nosas deducións, árbore de folla perenne ou de folla caduca.





             Ata hai un olivo
..........................................................................................................................................
O domingo foi o "DÍA DAS BIBLIOTECAS"
 e nos o celebramos onte, luns. 
Os encargados da biblioteca do cole, os nenos e nenas de quinto viñeron a propoñernos un reto, de parte de LEOMOITO (a mascota da biblioteca): se de aquí a fin de curso lemos nove libros variados, haberá un agasallo para celebralo.
Tamén nos prestaron este maletín cheo de contos. Rapidamente quixemos empezar a ler, e cal eliximos? O DE MEDO, por suposto!

Tamén na nosa clase tivemos unha sorpresa, Feliz  contounos que Leomoito viñera, á noitiña, a deixarnos estes contos estupendos. Que bo día!!


Ata prontooo!






No hay comentarios:

Publicar un comentario