domingo, 24 de octubre de 2021

A SEMANA PASADA...

 Moi boas a todos e todas!

A semana pasada foi moi intensa: Experimentos, aniversarios, xogos populares,...queredes ver un resumo de todo elo? 

Seguro que si


EMMA compartiu con nos o seu resumo das vacacións. 
Foi a Sanabria e, ademais de bañarse no lago, visitou o museo dos LOBOS e viunos na realidade. Sabíades que Sanabria e terra de lobos? 
Tamén nos mostrou dos videos, un  coas actividades que realizaron na natureza e, outro, que mostraba o nacemento de tres lobiños. Quixemos velo varias veces.
A raiz de todo isto coñecimos a FELIX RODRIGUEZ DE LA FUENTE e vimos anacos dalgún dos seus programas con lobos e outros animais.
Grazas por compartir!
..................................................................................................................................


ANA, VALERIA e  LUCÍA estiveron de aniversario o 21. 
PARABÉNS COMPAS ! que cumprades moitos mais!

.....................................................................................................
VOLCÁN






 Esta vez tocoulle a ZEQUIEL ser o científico. 
Gustoulles tanto que quedamos en repetilo.

Na aula, con un kiwi,  coas mans e cun LIBRO que trouxo NUNO,  imaxinamonos por que pasa "eso" dentro da terra. Vimos que está dividida en "placas tectónicas", que estas se moven e...  deixan sair o magma xa transformado en lava.

......................................................................................................................

Os xogos populares están tendo un espacio na nosa xornada. Estamos aprendendo
 "El patio de mi casa"
Gustanos moito!



Que díficil andar á pata coxa tanto tempo!
Algúns fixemos uns debuxos do xogo e escribimos o seu nome. Xa os veredes, son uns artistas, fixeron unhas rodas estupendas.
....................................................................................................................
Facemos adornos para a celebración do SAMAÍN 
Algúns teñen que practicar un pouquiño mais coas tesoiras, jjj!
....................................................................................................................................................
                       En grupos, xogamos nos recantos

y esto es todo amigos!

SAÚDOSSSS e boa semana de SAMAÍN!


EH, UN MOMENTO! NOS QUEDA A EXCURSIÓN DO VENRES. 
RESULTOU MOI AMENA.
Cando teña as fotos contovos mais

Agora si, chao!






No hay comentarios:

Publicar un comentario