martes, 26 de octubre de 2021

O QUE FALTABA E ALGO MAIS...

 OLA!

A saída a ver as árbores do paseo, foi unha experiencia curtiña, pero moi aproveitada. Descubrimos algunhas árbores que non coñeciamos e explicamos aos compas as que si. Cores e formas describían a cada un. Se tiña follas ou non:  "ESTÁN CADUCADOS", apuntou alguén por alí. Quedamos en voltar para o inverno e ver se acertamos nas nosas deducións, árbore de folla perenne ou de folla caduca.





             Ata hai un olivo
..........................................................................................................................................
O domingo foi o "DÍA DAS BIBLIOTECAS"
 e nos o celebramos onte, luns. 
Os encargados da biblioteca do cole, os nenos e nenas de quinto viñeron a propoñernos un reto, de parte de LEOMOITO (a mascota da biblioteca): se de aquí a fin de curso lemos nove libros variados, haberá un agasallo para celebralo.
Tamén nos prestaron este maletín cheo de contos. Rapidamente quixemos empezar a ler, e cal eliximos? O DE MEDO, por suposto!

Tamén na nosa clase tivemos unha sorpresa, Feliz  contounos que Leomoito viñera, á noitiña, a deixarnos estes contos estupendos. Que bo día!!


Ata prontooo!






domingo, 24 de octubre de 2021

A SEMANA PASADA...

 Moi boas a todos e todas!

A semana pasada foi moi intensa: Experimentos, aniversarios, xogos populares,...queredes ver un resumo de todo elo? 

Seguro que si


EMMA compartiu con nos o seu resumo das vacacións. 
Foi a Sanabria e, ademais de bañarse no lago, visitou o museo dos LOBOS e viunos na realidade. Sabíades que Sanabria e terra de lobos? 
Tamén nos mostrou dos videos, un  coas actividades que realizaron na natureza e, outro, que mostraba o nacemento de tres lobiños. Quixemos velo varias veces.
A raiz de todo isto coñecimos a FELIX RODRIGUEZ DE LA FUENTE e vimos anacos dalgún dos seus programas con lobos e outros animais.
Grazas por compartir!
..................................................................................................................................


ANA, VALERIA e  LUCÍA estiveron de aniversario o 21. 
PARABÉNS COMPAS ! que cumprades moitos mais!

.....................................................................................................
VOLCÁN






 Esta vez tocoulle a ZEQUIEL ser o científico. 
Gustoulles tanto que quedamos en repetilo.

Na aula, con un kiwi,  coas mans e cun LIBRO que trouxo NUNO,  imaxinamonos por que pasa "eso" dentro da terra. Vimos que está dividida en "placas tectónicas", que estas se moven e...  deixan sair o magma xa transformado en lava.

......................................................................................................................

Os xogos populares están tendo un espacio na nosa xornada. Estamos aprendendo
 "El patio de mi casa"
Gustanos moito!



Que díficil andar á pata coxa tanto tempo!
Algúns fixemos uns debuxos do xogo e escribimos o seu nome. Xa os veredes, son uns artistas, fixeron unhas rodas estupendas.
....................................................................................................................
Facemos adornos para a celebración do SAMAÍN 
Algúns teñen que practicar un pouquiño mais coas tesoiras, jjj!
....................................................................................................................................................
                       En grupos, xogamos nos recantos

y esto es todo amigos!

SAÚDOSSSS e boa semana de SAMAÍN!


EH, UN MOMENTO! NOS QUEDA A EXCURSIÓN DO VENRES. 
RESULTOU MOI AMENA.
Cando teña as fotos contovos mais

Agora si, chao!






jueves, 14 de octubre de 2021

ANIVERSARIO E...

 Moi boas!

Retomamos as actividades, nada menos que, celebrando o aniversario de MARTA




PARABÉNS E QUE CUMPRAS MOITOS MAIS!

..............................................................................................................
Onte retomamos a elaboración do volcán, desta volta decoramos a súa base, ollade que ben quedou
Temos de todo, plantas, helicópteros, vivendas,...      
Dado que hai varios compas enfermos, decidimos 
agardar ata a vindeira semana para realizar o experimento da erupción.
.....................................................................
Hoxe Olivia e Vera compartiron con nos as súas actividades da fin de semana.
Subida a TRES BISPOS, no Caurel.
"Anduvimos mucho subiendo a la montaña y, por el camino, comimos chuches"

A granxa de XANCEDA
"Trabajamos mucho dando de comer a las mamás vacas y a los terneros. Había cabritas y una vaca de mentira"

...............................................................................................................
Ollade a nosa exposición de crebacabezas e a de debuxos 



















ATA PRONTO