viernes, 29 de mayo de 2020

VENRES

Bo día!

Rematou esta semana tan bonita de sol e calor e que estou segura que moitos desfrutastes na praia, piscinas, xardíns...
Coméntovos que xa remataron os días para enviar os vídeos do conto encadeado que fixemos con motivo das letras galegas. Adicaremos estes días a facer unha montaxe e ao longo da semana que vén xa a compatimos para que todos e todas podades ver o bo traballo que fixestes. Xa vos dou a NORABOA porque estou segura de que vai quedar precioso!
Como todos os venres desexarvos que pasedes unha boa finde de moita diversión e , se podedes, de algo de descanso porque eu ...





ENTRELAZOS, de tela y amistad.: ESTOY MORIDA pero contenta.


BOA FIN DE SEMANA!

jueves, 28 de mayo de 2020

XOVES

Boas a todos e todas,


O ritmo non para e hoxe atoparedes actividades de EF da profe Lourdes e do profe Edel na aula virtual, sen esquecer que os xoves tamén hai actividades novas de relixión.
Pola nosa parte seguimos con algo de mate que mandou a profe Elisa e o Departamento de Orientación (DO) tamén nos fai algunha proposta para recordar as partes do corpo.
Ide por alí e xa o vedes!!

Moitos bicos grades para as xoaniñas!




Las 101 mejores imágenes de lindos | Gif lindos, Buenos días y Gif ...

miércoles, 27 de mayo de 2020

DESESCALADA

Bo día, familias,

Como vedes a entrada de hoxe é DESESCALADA.
Simplemente é para decirvos que seguramente moitos de vós xa estades voltando aos vosos traballos fisicamente e que isto complica as "clases" na casa. 
Queremos que saibades que é moi comprensible ver un "baixón" no traballo escolar do cole porque ademáis da situación que acabo de comentar temos que sumarlle o cansancio dos nenos e nenas (e non tan nenos)do curso en xeral e desta situación.
Non queremos que vos agobiedes con facer todas as tarefas todos os días. Podedes xestionalas para cando queirades e cando poidades.
Nós seguiremos poñendo traballiños para que teñades en conta que estamos aquí para axudarvos no que podamos.

MOITAS GRAZAS POR TODO!!!



13 Gracias Imágenes, Fotos y Gifs para Compartir - Imágenes Cool

martes, 26 de mayo de 2020

DE LUNARES VAI A COUSA

Bo martes a tod@s!

Cómo seguimos??
Da man da noso amigo o mago Trotamundos viaxamos ata Xapón para coñecer a unha muller chamada YAYOI KUMARA. A esta artista encántanlle os lunares... e para lunares entendemos nós de sobra, verdade? 
Tiña unha presentación preparada pero esquecina no ordenador da casa e tiven que improvisar.
Como a actividade ten parte de recortado e iso aínda nos fraquea un pouquiño, pois poden recortar eles a parte máis grande (podedes marcarlla con rotu) e as familias as partes máis pequeniñas.
Se non queredes facer esta actividade é comprensible, pero ademais do propio recortado trae unha biografía da artista que podedes lerlles e ensinarlles obras que atoparedes facilmente (xa as tiña integradas na presentación, pero...). Se querede pola tarde súboa!
Perdoade e recordade que os martes toca tamén música e inglés.




A VOAR XOANIÑAS

lunes, 25 de mayo de 2020

ÚLTIMA SEMANA DE MAIO

Bo luns a todos!!!

Cómo empezamos esta semana? Polo que vin no álbum o ánimo segue arriba!
Paso por aquí para saudarvos e recordarvos que tedes actividades de Animación á lectura na aula virtual, un vídeo de zumba para menear o esquelto e ademáis... Unha LANTERNA MÁXICA... que será, que será? 
Ide botar un ollo por alí e xa me contades.

Por certo, falando de maxia... alguén resolveu o truco da moeda e o vaso? 


A MENEAR O ESQUELETO PARA EMPEZAR BEN A SEMANA



Imágenes de esqueletos bailando. | Imagenes de calavera, Fondos ...

viernes, 22 de mayo de 2020

CASE SEN DARNOS CONTA

Boas a todo@s!

Así, case sen darnos conta chegou a fin de semana.
Para rematar a semana temos novidades chulas no álbum das xoaniñas onde tamén atoparedes o capítulo de Roi para o noso conto. 
Abraiada sería pouco para explicar o contenta que estou por toda a participación que hai e o esforzo que estades facendo todos e todas.
XUNTOS AGUANTAREMOS!
Como sigo rockeira, déixovos outra canción de Herdeiros da Crus para empezar a finde con enerxía! Para a semana cambiamos de estilo jeje.


                                             VAICHE BOA!

                                                  







jueves, 21 de mayo de 2020

SOL PARA TODOS

Bo e soleado día a todos!

Xa me enterei que algún que outro neno desta clase está disfrutando moito destes días paseando e xogando na praia! Alégrome moito de saber que están aproveitando así de ben este momento que estamos pasando.
Para seguir co ánimo arriba imos ir ver as actividades de psicomotricidade que nos puxeron para hoxe Edel e Lourdes.
Tamén para os nenos e nenas de relixión tedes actividades na aula virtual.
Onte non tivemos capítulo do conto así que saltamos o día e continuamos. O último para tomar de referencia é o capítulo de Emma. 
Despídome cunha canción que  teño na cabeza dende que traballamos a Carvalho Calero. Ía poñela mañá, pero non me resisto jeje. Mañá poño outra que tamén me está a rondar estes días.



CHURRAS, CHURRAS...!

miércoles, 20 de mayo de 2020

QUEN LEVA CASCO?

Bo día!!

Cantas novidades temos no álbum das xoaniñas! algunhas moi alegres como Valeria e a xoaniña bebé, outras moi traballadoras como Iago Z e outra non tan boas como as de Roi.
Se pasastes por alí xa vistes que Roi caeu da bici e ten algunha que outra ferida. O bo de todo isto é que o noso compañeiro levaba posto o casco e todo quedou en dous puntos no beizo e uns rapazos. Grazas ao casco Roi non ten un chichón grande na cabeza e segue con ganas de montar en bicicleta. 
QUE IMPORTANTE É LEVAR O CASCO POSTO SEMPRE!
Vós levadelo posto cando ides en bici, patinente...? Espero que si. E se vos esquecedes de collelo, acordádevos de Roi porque estou segura de que el xa non se vai olvidar nunca de poñelo.




RECORDADE POÑER O CASCO SEMPRE!

martes, 19 de mayo de 2020

MARTES

Bo día familias!

Cómo imos?
Hoxe temos unha sorpresa na aula virtual dos nenos e nenas da clase da profe Elisa. É un traballiño que fixeron con motivo das letras galegas. O noso aínda lle queda uns días para poder rematalo, pero estou segura de que lles vai facer ilusión ver aos compas da outra clase (non están todos) e tamén a profe Elisa. Así que ide por alí para ver o vídeo.
E como de vídeos vai a cousa, na saúdo central da páxina web tedes unha montaxe dos nenos e nenas saudadores do noso colexio e todos aqueles que se animaron a participar nunha muñeira colectiva.
Fai moita ilusión poder vervos, aínda que sexa a través dunha pantalla.
Están, estades e estamos facendo un gran traballo.

Ademáis como é martes, atopardes traballiños de inglés e de música, unha receita moi sabrosa da profe Geni que nos fai traballar as series e unha fichiña para recordar as letras dos nosos nomes e aprender as letras  que teñen os nomes de mamá e papá. 


Depídome con esta foto tan bonita e tan certa.



A SEGUIR FLORECENDO ASÍ DE BEN!




lunes, 18 de mayo de 2020

COMEZAMOS A SEMANA

Boa semana a tod@s!

Xa estamos de volta unha semana máis!
Sei que disfrutastes moito esta fin de semana porque xa me pasei polo álbum das xoaniñas e non sabedes que ganas me entraron de ter unha piscina como a de Ana e Lucía. Aínda que debería comezar por ter xardín...:( que envexa me dades.
Tamén vin o capítulo do noso conto de Lucía e de Artai que conta coa  axuda de Liam da clase das xoaniñas de Elisa. Está xenial!
Como todos os luns tedes cousiñas para facer na aula virtual entre as que se atopan as actividades de Animación á Lectura.
E para despedirme este vídeo de dúas amigas que coñecín fai uns días. Cómo lles chamades vós a estes bichiños?





BICOS ENORMES PARA TOD@S!


viernes, 15 de mayo de 2020

VENRES

Bo venres, xoaniñas!

Xa está aquí a fin de semana... espero que veña cargadiño de risas, diversión, maxia e tamén descanso.
Como esta semana traballamos moito o tema das letras galegas e aínda nos quedan por ver capítulos do noso conto pois imos poñerlle o punto seguido co himno galego. Déixovos o enlace coa letra na aula virtual para que escoitedes e desfrutedes aínda que podedes buscar outras versións porque "haberlas hailas" jeje.

Despídome con esta imaxe e o noso recoñecemento a todos e todas aqueles sanitarios que están en primeira liña nesta loita.

MOITAS GRAZAS


jueves, 14 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS

Bo día a tod@s!!

Este xoves vén cargadiño.
Para comezar, como todos os xoves, atoparedes actividades de relixión e de psicomoticidade na aula virtual do colexio. A profe Edel e a profe Lourdes están moi bailaríns hoxe e ensínannos algo sobre a muñeira. Ide a botar un ollo!
Os profes do DO tamén nos mandan dúas actividades moi chulas que tamén atoparede alí.
Ademáis temos o capítulo novo de Ana do noso conto encadeado no álbum. Estupendo!
Por último, atoparedes  unha presentación con varios enlaces de interese sobre as letras galegas. Evidentemente é para que teñades varias opcións. NON é para facelo todo  e o que decidades facer pódese traballar en varios días tendo en conta que vén aí a finde.



Eu atopeime coas miñas galiñas de paseo que ben poderían ser as  do conto de Carvahlo Calero, non?


miércoles, 13 de mayo de 2020

MÉRCORES

Veña, xa na metade de semana e encima día de cumpreanos. Estamos como queremos!


Hoxe tedes actividades de TIC na aula virtual e  dous enlaces para traballar conceptos loxico-matemáticos.
Ademáis hoxe hai moitas novidades no noso álbum das xoaniñas. Cousas realmente máxicas!
Tamén o noso capítulo do conto a cargo do pirata Lucas.
Por se fose pouco, na entrada principal da aula virtual atoparedes un vídeo moi bonito para os nenos e nenas sobre a RESILIENCIA, importante nesta etapa que estamos vivindo.
MOITO ÁNIMO E FORZA A TOD@S




NUNO SOPLA VELAS

Hoxe hai un neno desta clase que se levanta con un ano máis!!!


PARABÉNS NUNO!



                                              















Esperamos que disfrutes moito do día e que na casa che teñan gardado ese tirón de orellas que nós non che podemos dar. O que si queremos e podemos compartir contigo é a seguinte sorpresa...





martes, 12 de mayo de 2020

MAGO TROTAMUNDOS

Bo día, Xoaniñas!

Cómo estamos? 
Onte escoitástesme falar do Mago Trotamundos e aprendemos un truco dos seus, pero non sabemos quén é, verdade?
Hoxe na aula virtual xa lle podedes poñer cara e ademáis precisa da nosa axuda porque está un pouco atascado cos seus trucos e quen mellor que as xoaniñas para botarlle unha man.

Ademáis hoxe podedes poñerlle música a este día coas actividades da profe Dolo que atoparedes no apartado de MÚSICA da aula virtual de Educación Infantil.
Non vos esquezades de mirar o noso álbum pois temos capítulo novo do noso conto encadeado. Agora o seguinte!



                                                  

lunes, 11 de mayo de 2020

ACLARACIÓN

Aclaración:

Fago esta entrada para aclarar o tema do álbum das xoaniñas que hai dúbidas.
Todas aquelas familias que tedes conta de gmail xa vos engadimos directamente cando nos pasedes o correo. Creo que vos chega un enlace ao voso correo e dende aí xa podedes ver o álbum. Tamén podedes subir vós mesmos os vídeos e fotos que queirades. Se vos é moito lío seguimos facendo como ata agora, mandádelos ao correo de Geni e xa os subimos nós.
Aqueles que non tedes conta de gmail, enviamos o enlace do álbum ao correo que nos proporcionedes e dende o propio enlace xa entrades ao álbum.

SEMANA MÁXICA PARA OS GALEG@S

Qué bonita semana temos por diante!!!!

Esta é unha semana moi especial e moi máxica para os galegos e galegas por iso imos celebralo por todo o alto. Tedes un vídeo na parte central da páxina onde podedes ver como o festexamos os mestres e persoal do noso colexio.
O noso conto encadeado ten que esperar a que o fagamos todos, pero xa vos podo decir que está quedando chulísimo. Xa sabedes que tedes os vídeos no noso álbum das xoaniñas. 
Carvalho Calero estaría moi contento e para que coñezades máis cousiñas sobre este autor tedes actividades na parte de Animación á Lectura na aula virtual de Educación Infantil e tamén na biblioteca virtual. Sería marabilloso que botedes un vistazo. 
Déixovos o enlace da páxina para que podades ir dende aquí. Na parte central tedes sempre un saúdo para todas as familias e á marxe dereita tedes a entrada para ver as actividades de todos os niveis. Nós temos que entrar en Educación Infantil e xa vedes que as actividades están por días e dentro do día, divididas por niveis.
Na parte da esquerda tedes os blogues do colexio entre os que está o noso, biblioteca...



     

VIVA A MAXIA DAS LETRAS GALEGAS

sábado, 9 de mayo de 2020

CUMPLE PABLO PÉREZ

Xa sei que é sábado e que non temos cole, pero é un día especial porque temos a un compi que hoxe sopla velas!!!!!


                                   PARABÉNS PABLO PÉREZ


                                        

 Disfruta moito moito deste día e gardamos os tiróns de orellas para cando podamos vernos.Pero mentres esperamos.... VEÑA FESTA! Pincha no seguinte enlace para ver a túa sorpresa.





viernes, 8 de mayo de 2020

O MAIO

Bo venres xoaniñas!!

Remata a semana e para facelo por todo o alto imos a festaxar O MAIO. Seguramente xa todos e todas coñecedes esta festa, pero por si las moscas, déixovos un enlace cunha presentación e coa elaboración do meu propio maio.
Se vos animades a facer un, xa sabedes, mandádenos a fotiño ou o vídeo ao álbum e así vémolo todos.
Na última páxina da presentación atoparedes a canción de Batallán sobre o maio e tamén un vídeo desta popular festa.
Desfrutade, cantade, bailade e ride moito nesta finde!
Vémonos o luns.




jueves, 7 de mayo de 2020

XOVES

Bo día a todos e todas!!

Veña, que non queda nada para rematar esta semana!
Hoxe levanteime coa sorpresa de que xa estaba preparada o vídeo de Olivia do noso conto encadeado! (mirade no álbum) Esto vai rodando de marabilla. Agora o seguinte e que non decaia o ánimo :)!

Ademáis na aula virtual do cole,para as xoaniñas, temos hoxe unha actividade que nos fará visitar un lugar moi coñecido en Madrid!! Ata aló que imos para convertirnos depois en verdadeiros artistas. Mirade, mirade.
E como todos os xoves teredes tamén actividades de relixión e psicomotricidade. 

Bruno xa está preparado!




MOITO ÁNIMO!!!

miércoles, 6 de mayo de 2020

O CANTO DA PRIMAVERA

Bo día Xoaniñas.

Xa estamos na metade da semana e parece mentira nesta situación, pero ata pasa rápido e todo!

Hoxe xa temos un novo vídeo de Iago Z. do noso conto encadeado para festexar o día das Letras Galegas (mirade no álbum). Está moi moi chulo e iso só pode indicar que nos vai quedar un conto espectacular!. Agora tócalle ao seguinte continuar. ÁNIMO!

Recordarvos por aquí que os mércores tedes actividades de TIC na aula virtual e tamén algúns pequenos traballiños para os nenos de 3 anos. Non esquezades pasar de vez en cando pola biblioteca proque están poñendo cousas moi divertidas. Podedes ir directamente dende o seguinte enlace.

https://bibliotecasceipluisseoane.blogspot.com/

Despídome coa seguinte canción O CANTO DA PRIMAVERA. O CANTAR É ESPERANZA. 
Aparecen varios intrumentos nesta canción. Coñecédelos?


martes, 5 de mayo de 2020

ACTIVIDADE DÍA LETRAS GALEGAS

Bo martes xoaniñas!! cómo estades?

Onte avisamos por aquí de que tiñades que estar moi atentos porque hoxe propoñemos unha actividade moi bonita para festaxar o mes/día das letras galegas. Esta actividade é para facer entre tod@s, incluídas as familias (se queren). A actividade é...

UN CONTO ENCADEADO!!!


A continuación deixo un enlace para explicar como sería a actividade que, por suposto, é totalmente voluntaria, pero xa sabedes, cantos máis mellor!!! Pinchade para ver.





E para comezar aí vou eu!



Agora o seguinte da lista que o continúe e evíe o vídeo ao correo de Geni e así sucesivamente ata chegar ao final (para ver o vídeo anterior e saber como continuar tedes que mirar no álbum das xoaniñas) .Cando teñamos todos os vídeos faremos unha montaxe moi divertida. 
Se quedades con folgos, os nenos e nenas tamén poden facer un debuxo da parte que contaron que tamén nos vai servir para poñerlle imaxe a este conto encadeado. Qué vos parece??
O debuxo podedes mandalo en foto.

ANIMÁDEVOS!

lunes, 4 de mayo de 2020

AVISO MOI IMPORTANTE

Ola de novo!!


Escribo de novo para avisarvos de que mañá tedes que estar moi moi atent@s a este blog porque poñeremos unha actividade moi especial que precisa da colaboración de todas as xoaniñas... e como seguro que vos estades preguntando de que tratará esta actividade... só vou dar unha pista:

MES DAS LETRAS GALEGAS



QUÉ SERÁ, QUÉ SERÁ?

COMEZAMOS A SEMANA!

Bo luns a todos e a todas!!! Empeza unha nova semana despois de tres días de descanso e seguramente de moita diversión porque algún vídeo xa vin no noso álbum.
Xa nos ides contando todo o que fixestes.

Recordade pasar pola páxina do colexio para ver as actividades para hoxe xa que os mestres do Departamento de Orientación déixannos un xogo moi divertido de VEO, VEO. Tamén atoparedes actividades moi chulas de ANIMACIÓN Á LECTURA da profe Begoña.

Eu despídome ata mañá contándovos que a miña ovella Lupita foi mamá!! 
Déixovos un vídeo no álbum para que vexades como corre.



BICOS GRANDESSSS