jueves, 30 de abril de 2020

FELIZ JUENRES XOANIÑAS!!! 

Si, si lestes ben JUENRES jeje. Aínda que hoxe é xoves, mañá como é o día do traballador non temos cole virtual por ser día festivo.
Espero que disfrutedes desta finde larga facendo cousas divertidas e que o luns nos contedes todo! Pero antes de marchar recordamos unha canción que temos na clase e que coñecemos moi moi ben... 





Recordade pasar pola aula virtual porque atoparedes máis traballiños e hoxe.... actividades de psicomotricidade e de relixión!!!
Ademáis tedes uns xogos moi divertidos que nos mandan as mestras e mestres do DO.
BOA FINDE LONGA A TODOS E TODAS!!!

miércoles, 29 de abril de 2020

FACEMOS NO-NUTELLA

Bo mércores a todos e todas!!!

Estou moi contenta por todas as fotos e vídeos que estades mandando. Fainos moita ilusión vernos e ter noticias dos compas.
Como está sendo unha semana moi boa posto que xa podedes xogar un ratiño na rúa, fixemos novos amigos como os caracois e os poliños de Nicolás, tivemos noticias das nosas prantas... pois imos a engadirlle un toque doce coa receita que vos deixo de NO-NUTELLA!!! Tedes que porbala porque é moi SANA, RÁPIDA E FÁCIL DE FACER (queda máis suave se deixamos os dátiles 10 min en agua antes de facela).


AVISO IMPORTANTE: Cociño FATAL... vós seguro que o facedes moito mellor.

Como sempre recórdovos que na aula virtual do colexio tedes máis actividades para facer: unha sobre a receita, hoxe mércores tedes actividades de T.I.C.S  e moitas cousas máis na biblioteca vitual do cole!!!


martes, 28 de abril de 2020

SORPRESAAA

Boas de novo Xoaniñas!!!!

Non podía esperar a mañá para ensinarvos como están de bonitas e grandes as prantas da nosa clase!!!
Moitas as grazas a Raquel e as demáis limpiadoras por coidar tan ben do colexio e das nosas prantiñas.



MOITAS GRAZASSS!!!!

FAGO A MIÑA FLOR DE PLASTILINA

BO DÍA XOANIÑAS!!! 

Cómo estades?  Hoxe parece que tamén tedes un día moi bonito para saír a pasear e a xogar un pouquiño na rúa coas medidas que nos contou Oso Goloso onte.

Como fai un día tan primaveral, coa plastilina que nos axudaron a facer os mestres e mestras de Orientación, imos a facer a nosa propia flor de plastilina de cores.

Atentos ao seguinte enlace.


                               PINCHA AQUÍ PARA FACER A TÚA FLOR DE PLASTILINA


Espero as vosas fotos ou vídeos desa flor tan bonita que ides a facer.

Recordade pasar pola aula virtual do noso cole porque ides atopar algunha actividade máis (trabalinguas, ordear secuencias...) e ademais, hoxe, martes, actividades de MÚSICA.
    QUÉ SORTE!!!!!

lunes, 27 de abril de 2020

OSO GOLOSO CÓNTANOS COMO DEBEMOS SAÍR Á RÚA



BO DÍA XOANIÑAS E BO INICIO DE SEMANA!!!

Imaxino que hoxe estaredes moi moi contentos e contentas porque xa podedes saír un ratiño á rúa... sen esquecer as medidas de seguridade, eso sí. Por eso no noso amigo OSO GOLOSO, que está na mesma situación que todos vós, recórdanolas no seguinte enlace... aínda que estou máis que segura que vós xa as sabedes de memoria.

                                        PINCHA AQUÍ PARA COÑECER A OSO GOLOSO



ADEMAIS... DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ENVÍANOS UN VÍDEO PARA FACER PLASTILINA DE CORES CASEIRA... E É MOI IMPORTANTE PORQUE MAÑÁ USARÉMOLA PARA UNHA ACTIVIDADE MOI PRIMAVERAL.


Despídome recordando que no álbum das xoaniñas temos fotos e vídeos novos dalgún compa da nosa clase.

QUE PASEDES MOI BO LUNS E DISFRUTADE MOITO DA VOSA SAÍDA, PERO CON SENTIDIÑO...

BICOLOOOOSSS GRANDESSSSS

viernes, 24 de abril de 2020

A PROFE MARTA SAÚDAVOS E CONTA UN CONTO...

Ola Xoaniñas, xa facía tempo que non nos viamos... como vos contou Geni onte, estes días vou aparecer por aquí máis a miúdo. Espero que o pasemos moi ben xuntos e que sigades traballando así de ben, pois xa vin polas fotos e os vídeos que o estades facendo XENIAL!!!

Para comezar, déixovos un conto que xa coñecedes pero que é moi divertido: ELMER... e SORPRESA, SORPRESA... teño unha axuda moi especial neste vídeo. A ver se sabedes quen é????




POR CERTO, RECORDARVOS QUE NA AULA VIRTUAL DE INFANTIL, ADEMAIS DO CONTO PODEDES, VER UNHA ACTIVIDADE MOI CHULA PARA CREAR O NOSO PROPIO ELMER. 
PODEDES IR DENDE O SEGUINTE ENLACE:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipluisseoane/aulavirtual2/course/view.php?id=34

jueves, 23 de abril de 2020

AVISOS...

OLA A TODOS! ENCÁNTANME OS VÍDEOS QUE MÁNDADES E AOS COMPAS TAMÉN. É COMO SI ESTIVÉRAMOS XUNTOS UN RATIÑO. 
FAIME MOITA ILUSIÓN VELOS E COMPROBAR QUE ESTÁN "FELICES COMO PERDICES" E, TAMÉN, VER COMO VAN MEDRANDO, NON SEI SI É AMOR DE MESTRA, PERO, EU, OS VEXO MAIS MAIORES😊

DURANTE UNS DÍAS QUEDAREDES NA COMPAÑA DE MARTA, EU VOUME AUSENTAR  ATA PRIMEIROS DE MAIO. QUEDADES NAS MELLORES MANS.

COS VÍDEOS E AS ACTIVIDADES DA AULA VIRTUAL, SEGUIREDES O MESMO PROCEDEMENTO, XA ESTÁ TODO ARRANXADO PARA QUE AS XOANIÑAS SIGAN COMPARTINDO AS SÚAS VIVENZAS.

POLO TANTO, SEGUIREMOS USANDO O MEU CORREO DE INTERMEDIARIO.

TAMÉN QUERO RECORDARVOS QUE PODEDES ACCEDER Á PÁXINA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN E ALÍ ATOPAR ACTIVIDADES MOI INTERESANTES DE AUDICIÓN E LINGUAXE PARA FACER PRÁCTICAS DE PRONUNCIACIÓN E DEMAIS E, OUTRAS PROPOSTAS DE DIFERENTE ÍNDOLE PARA TRABALLAR A ATENCIÓN, A CONCENTRACIÓN, ETC.

orientaseoane.wordpress.com

CON CARIÑO DESPÍDOME, POIS, POR UNS DÍAS, DEIXÁNDOVOS DE AGASALLO "A MIÑA MELODIOSA VOZ" CANTANDO AO ARCO DA VELLA (GRABADO DENDE A MIÑA CASA O DÍA QUE SAIU) jajaja!
(É O VÍDEO QUE ESTÁ NA ANTERIOR ENTRADA😉 )

BKSSSSSS



O ARCO DA VELLA...



martes, 21 de abril de 2020

E MOITAS ACTIVIDADES MÁIS...

IDEA...

DE TANTO PASAR O TEMPO COS CARACOIS OCURRIUSEME FACER UN CON MATERIAIS DE REFUGALLO.A VER SE VOS GUSTA
POIS XA VEDES NO QUE SE CONVIRTIU, NUN CARACOL PAPELEIRA DE ESCRITORIO. MOI ÚTIL, VERDADE?

QUEN SE ÁNIMA A FACER CARACOIS CON MATERIAIS DE REFUGALLO?
GUSTARÍAME VELOS. 
BKSSS

OS CARACOIS TAMEN FAN DEPORTE...

OLAAAA! ESTE VÍDEO É A CONTINUACIÓN DO QUE VOS ENVIEI O DÍA 14; POR FAVOR, OS QUE NON VIRON O OUTRO, QUE O VEXAN ANTES. GRAZAS!

AGARDO QUE DISFRUTEDES MOITO CO ESPECTÁCULO....

viernes, 17 de abril de 2020

XOGAMOS E....( SORPRESA)

DE CANDO EN VEZ, SUBIMOS ALGUNHA ACTIVIDADE QUE PODE SER DE INTERÉS PARA FACER COS NENOS,SE VOS APETECE; ESTÁN NA PÁXINA WEB DO COLEXIO, NO  APARTADO DE  "AULAS VIRTUAIS"

DEIXO AQUÍ UNHA MOSTRA, TAMÉN, POR SE TEDES ALGUNHA DIFICULTADE NO OUTRO ESPAZO VIRTUAL.

TRES EN RAIA COAS XOANIÑAS 


POESÍA DA PRIMAVERA E CON ELA, NOS DESPEDIMOS ATA O LUNS. BKSSS


martes, 14 de abril de 2020

Un pouquiño de charleta...

Como estades familias?
Como xa dixen no vídeo, pola miña casa moi ben de saúde e de amizade. Grazas polo voso cariño e ánimo. Seguimos navegando, sen prisa, pero sen pausa.

Gustaríame saber se estades todos ben, e si  sabedes de alguén que precise dunha atención especial debido a distintas circunstancias,; se se dera este caso, porfa envíademe un correo electrónico ao enderezo: genihdp@gmail.com

Fantásticos os vídeos que mandades para o album "as xoaniñas quedan nas casiñas". Encántame ver aos peques  e descubrir o imaxinativos que sodes todos e todas. Seguide con elo, seguro que os nenos e nenas o pasan fenomenal vendo aos seus compas. O enderezo para envíalos sigue sendo o meu correo.

Por outra banda gustaríame saber, tamén, se todos puidechedes ver a avaliación, de non ser así 
poñédevos en contacto conmigo para solucionalo.

En fin, non dúbidedes en comentarme todo aquelo que vos preocupe dende esta situación que estamos a vivir e que agardamos pase o mais axiña e definitivamente posible.
---------------------------------------------------------------------------------------------------

De regalo, unhas fotos dos últimos días de cole

Día da muller: 8 de marzo, os maiores viñeron contarnos os feitos de grandes mulleres!

 Logo de falar na aula de mulleres con vidas importantes para o ben común, decidimos debuxar á     " muller mais importante da nosa vida", a quen credes que debuxaron?
Menudos artistas, non hai como debuxar a alguén querido para que dean o mellor de si...






Unha xornada de actividades no patio, que tempos! parece que fai un século, jajjaj!


Ata outro diaaaa e moitos bksssss!














NOVA SEMANA... NOVO VÍDEO

Olaaaaa xoaniñas e familia!!!


miércoles, 1 de abril de 2020

AVISO DE INTERÉS: 2ª AVALIACIÓN

ANTES DE NADA MOITAS GRAZAS POLAS VOSAS PALABRAS DE ÁNIMO, RECONFORTAN MOITO.
............................................................X...........................................................................................

TAMÉN GRAZAS POR PARTICIPAR ENVIANDO OS PEQUENOS VÍDEOS, SEGURO QUE LLES FAI MOITA ILUSIÓN VER AOS COMPAS E, ADEMAIS, PERMITENNOS SEGUIR MANTENDO O VÍNCULO. SEGUIDE FACENDOO😊😊 

.........................................................X................................................................................................

COMO IMAXINO SABEREDES, ESTAMOS A REALIZAR A 2ª AVALIACIÓN, TODO DE XEITO VIRTUAL. PARA PODER ACCEDER AOS BOLETÍNS DE CADA ALUMNO/A DEBEDES SEGUIR AS SEGUINTES INSTRUCIÓNS:

- DESCARGAR NO VOSO MÓBIL A APLICACIÓN: ABALARMÓBIL 
( TELEF. MÓBIL + GOOGLE PLAY + ABALARMÓBIL + ...)

- TER OS VOSOS DATOS DE CONTACTO ACTUALIZADOS, É DICIR, O TELEFONO NO QUE O INSTALEDES TEN QUE SER O MESMO QUE TEN A XUNTA NO PROGRAMA DE XESTIÓN DE CENTROS (O QUE NOS DEIXACHEDES CANDO CUBRICHEDES A MATRÍCULA); SE NON VOS DEIXA DESCARGALO, AO MELLOR A RAZÓN ESTÁ RELACIONADA CON ESTO.NESTE CASO DEBEDES AVISARME, VÍA CORREO ELECTRÓNICO PARA REALIZAR OS CAMBIOS OPORTUNOS.

SE ALGUÉN PRECISA MÁIS ACLARACIÓNS, SOBRE ESTO, PODEDES OLLALAS NAS AULAS VIRTUAIS

- POR FAVOR, POÑEDE ESTA MENSAXE NO GRUPO DE FAMILIAS DA NOSA AULA. SABEDES DE ALGUÉN QUE NON ESTEA NESE GRUPO? DEBEMOS CHEGAR A TÓDALAS FAMILIAS.

BKSSSS! SEGUIMOS EN CONTACTO😊