domingo, 30 de mayo de 2021

VERMIÑOS...


BOASSS!

O VENRES, POR SER O ÚLTIMO DO MES DE MAIO, OS MAIORES CANTARON "CUMPREANOS FELIZ" A NUNO E A PABLO. 
ESTABAN UN POUCO, COMO DIRÍA EU, SORPRENDIDOS? JJJJ PASARON TANTOS DÍAS DENDE QUE CUMPRIRON. PERO QUEDARON ENCANTADOS.
...............................................................................
A NOSA PRODUCIÓN DE DINOSAUROS VAI AUMENTANDO LENTAMENTE,  " ¿CUANDO ME TOCA A MI?,  ¿CUANDO ME TOCA A MI? É A FRASE ESTRELLA DESTES DÍAS.
AQUÍ TEDES ALGUNHA MOSTRA😁


................................................................................................................................
VERA debuxou os planetas e nos explicou como se chamaban. Cando vimos a mancha negra no noso planeta, xa nos quedou claro: O METEORITO, dixeron todos; aínda que, creo, esa non era a intención de de Vera

.............................................................................
E, para rematar a semana, NOA trouxonos este "agasallo" :vermiños de seda. Imos ver como se transforman...




Grazas Noa, unha proposta moi interesante.

Por certo, se tedes unha morera por cerca, mandade de cando en vez un par de follas. So comen as follas desta árbore.

Grazassss e a polo luns!

 

miércoles, 26 de mayo de 2021

 OLAAA!

Esta semana está sendo moi interesante. A nosa conversa principal xira entorno a COMO DESAPARECERON OS DINOSAUROS.

Para dilucidar sobre este tema, vimos vídeos, leímos un libro que trouxo Nuno, buscamos información nas revistas científicas e expresamos a nosa opinión.

Atención máxima

En xeral preferían a hipótese de que foran os volcáns, que entraron en erupción, os que provocaron a desaparición. Debían de visualizalo mellor e parecerlles mais espectacular.😉

 Despois de informarnos, parece que as últimas investigacións científicas confirman que foi un meteorito o que provocou a extinción; unha paleontóloga española participou na expedición que fixo este descubrimento.

LAIA ALEGRET

Aceptaron o do meteorito, pero buenooo....

              "A lo mejor son verdad las dos" (din algunhas)JJJJ!

...................................................................

Dado que nos encanta a paleontoloxía, excavamos outro dinosauro



.............................................
E, COMO SOMOS MOI ATREVIDOS, HOXE, CONVERTÉMONOS EN ALFAREIROS E, AQUÍ NOS TEDES, FACENDO DINOSAUROS😀

............................................

Ademais....
Dylan contounos cousas das serpes

Nuno e Alejandro fan as tarefas na nosa terraza. Que sorte!


Fomos medir o noso dino. Cada un anotou cantos pasos tiña que dar para recorrelo todo


E, de momento, nada mais e nada menos
BKSSSSSS







domingo, 23 de mayo de 2021

RETOMAMOS

😊


Bo día a todos e todas!
Logo de un tempiño "fora das redes" retomamos a comunicación co relato das últimas  andanzas.
A celebración do  día das Letras galegas mantívonos ocupados un tempiño, pero os dinosaurus non desapareceron de todo; no patio montamos o seu habitat.

...............................................................................................................................
DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Este ano estivo adicado a XELA ARIAS, poeta, tradutora, profesora,.. Entre tódalas aulas de infantil realizamos este mural na súa honra

e, o venres pasado, celebramos unha festiña no noso patio, xunto co resto dos compas. Foi moi bonita, divertida e entrañable: escoitamos ás pandereteiras (nenas de 6º do noso colexio), recitamos un poema de Xela Arias, bailamos un par de muiñeiras e escoitamos o himno galego ao son da gaita. Creo que mais non se pode pedir. Ollade que ben resultou.


Queremos dar as grazas ás profes e resto de persoal que colaborou para que esto fóra posible e, moi especialmente, a Miguel, pai de Iago Zorrilla, que nos acompañou cos sons da GAITA

.....................................................................................................................

Á volta o primeiro foi, como non podía ser doutra maneira, rematar de montar os esqueletos dos dinosaurus que escavamos na aula

Tamén, Nicolás e Pablo P. nos amosaron as súas sudadeiras e nos contaron como se chamaban os dinosaurus que alí levaban.

Paco, superconcentrado, montando un dino. Era moi díficil, pero o conseguimos.

...............................................................................................
Con Hugo, rematou a nosa rolda de contacontos. 
Un día distos levarán os debuxos que realizaron. Agardo que vos gusten.
"La granja: ¿Donde está Bartolito?"
...........................................
Alguén recoñece este garfo?😉


Bks e feliz semana!





















 

miércoles, 5 de mayo de 2021

ESTA SEMANA...

 Olaaaa!

Así, sen pensalo gran cousa xa estamos á metade da semana e, queredes saber en que andamos?

                          " PREPARANDO A EXPOSICIÓN DE DINOSAURUS"

Como teñen nomes tan longos, levanos moito tempo escribilos, pero o facemos encantados.

.............................................................................................................................................

XA ESTÁ O NOSO DINO PEGADO NA PAREDE DA RAMPA, 
PERO AÍNDA NOS QUEDAN COUSIÑAS POR REMATAR;
CASE NOS DA PENA ACABALO PORQUE NOS GUSTA MOITO ESTA ACTIVIDADE



.........................................................................................
PACO, con concentración máxima contounos:
" COLORES "
Unha historia de ratiños que tiñan forma de ...triángulo! Grazas Paco, gustounos moito e fixemos uns debuxos ben bonitos.

......................................................................................................
Na HORTA realizamos unha rica ensalada coa leituga que sementamos hai tempo, e co que levamos da casa. Comímola á hora da parva, algúns rechupeteabamos os dedo, outros nen probala😉




.............................................................................
ZEQUIEL, contounos unha historia de Pocoyó
"UN REGALO PARA ELI"
Fíxoo moi ben! Grazas Zequiel.
......................................................................
Coa profe Lara, estamos a ensaiar unha muiñeira para celebrar o día das Letras Galegas. Agardamos que nos saia moi ben...

Moitos bicos e a seguir disfrutando da semana!



sábado, 1 de mayo de 2021

EXPERIENCIASSSS

 Moi boas!

Esta semana estivo moi cargada de experiencias diversas. O tema dos dinosauros está dando moito de si.

Seguimos e rematamos o dinosauro do papel


Convertémonos en paleontólogos e paleontólogas
Encántounos, ata que  descubrimos os osos non paramos.

Un xa case o temos

............................................
Pablo P. presentounos varias experiencias de : OVOS DE DINOSAURIOS
Que emoción agardando a que rematara o experimento! Grazas Pablo!
........................................................
Esta semana contaron contos: ZEQUIEL E PABLO PR. Grazas chicos, encantáronnos!
" OS PÁXAROS DO BOSQUE" e "RICITOS DE ORO"
.......................................................................
Tamén realizamos as últimas exposicións das nosas investigacións. Grazas familias pola vosa colaboración! 
Seguimos coa catalogación dos dinosaurus de xoguete, algúns son moi díficiles de atopar...eso que estamos a investigar tódolos días! e que nomes tan díficiles de pronunciar👧


.........................
Por último, o venres, os compas do equipo de saudadores lle cantaron "Cumpreanos feliz " a Eira. Xa ten 5, que emoción!


FELIZ FIN DE SEMANA!