jueves, 20 de diciembre de 2018

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL


Deíxovos algunhas ideas, por se vos son útiles  de cara aos agasallos de Nadal e Reis.

Contos que falan do valor da igualdade, do respecto polas diferenzas, polas ideas,...
Contos clásicos, contos para soñar, para pensar, para divertirse,...








Para xogar, pensar, esforzarse, concentrarse,...

Encántanos!!

Para preparase para o sono...


                                                                    Para "estudiar"
Para "estudiar"😉
                                                                 
                                                                      Para os maiores

Para xogar xuntos



                Eu atopeinos na librería "MOITO CONTO" en San Andrés (Non levo comisión, eh?)

                                               BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO!


IMPORTANTE!  Mañá levarán as postais que fixemos para os amigos/as. Por favor, ide con eles a poñerlles un selo e a botalas ao buzón. 

NON DEIXEDES DE FACELO O MAIS AXIÑA POSIBLE, NIN GÚN COMPA DEBE QUEDAR SEN A SÚA


ANIVERSARIOS

Hoxe celebramos o aniversario de Isa, Fiorella y Enma. Parabéns!!

                                     



FIESTA!!



O NADAL NOUTROS PAISES

Presentamos ao compas a nosa investigación sobre o NADAL. Os obxectivos a traballar son:
1.- Competencia linguística:
- Usar a lingua escrita para reflexar o que investigamos
- Usar a lingua falada para explicar as nosas indagacións (falar con claridade, con ton que nos entendan e se nos oia,...)

2.- Competencia dixital:
- Iniciarnos no uso das tecnoloxías co fin de recabar información.

3.- Competencia aprender a aprender
- Recabar información rerlacionada cun tema.
- Reflexar de xeito entendible o recollido.
-Desenvolver a memoria, recordando os datos, para logo, contalos.

4.- Competencia social e cultural:
- Confrontar a nosa cultura con outras que hai polo mundo.
- Reforzar os valores de: tolerancia, respecto, comprensión cara ás diferenzas, etc


Están impresionados/as, sobre todo co que respecta á personaxe que trae os agasallos.

domingo, 16 de diciembre de 2018

FELICITACIÓN DE NADAL

Decidimos realizar unha felicitación de nadal para enviarlle a un amigo ou a unha amiga. Para elo seguimos o procedemento que se detalla a continuación:

- Inventamos un poema entre todos e todas.
- Escibímolo nunha folla, cada un un anaco e, así quedou


- Decidimos a quen queríamos enviarlle a nosa postal, entre os compas da nosa clase (procurando que todos e todas reciban unha) e lle escribimos unha palabra ou frase bonita.
- Decoramos o sobre, e Geni escribe o enderezo.
- Decoramos a portada.


Queremos que sexa unha sopresa, para o que vai recibilo, por elo non dicimos a quen lla mandamos.


LEVARÉMOLAS PARA CASA PARA SELLALAS E ENVIALAS POR CORREO.

TALLER DE COCIÑA: MAZAPÁN

Como sabedes, o pasado xoves, realizamos un rico postre propio destas datas: MAZAPÁN

Como recordaredes, os obxectivos principais, desta actividade son:
- Practicar a lectura e a escritura de xeito funcional.
- Usar as matemáticas de maneira práctica: cantidades, numeración, medidas,...
- Traballar os sentidos, fundamentalmente: o gusto, o tacto e o olfato.

Acompañaronnos:


MOITAS GRAZAS!
Aquí vai o procedemento seguido, ollade que caras de felicidade!

    Quedaron unhas figuriñas preciosas, pero, ao pasar polo forno...
     Houbo un "lixeiro" problemiña e quedaron carbonizadas! imaxino que xa vos contarían. Eles querían comelas igual, pero lles expliquei que non se podía e, entón, decidiron levalas para casa para "adornar"; así que imos darlles un barniz e pronto as levarán.

    Ao día seguinte preparei eu a masa e voltaron a facer figuriñas, esta vez mais sinxelas




RIQUÍSIMAS😋

miércoles, 5 de diciembre de 2018

ANDANZAS VARIAS: ANIVERSARIO, CARTA AOS REIS MAGOS, CONTACONTO,...

Celebramos, por fin, o aniversario de Nora

 Nora posando para o seu retrato




            

                                     

                                                         
 " PARABÉNS PARA TI
NESTA DATA QUERIDA
MOITAS FELICIDADES
MOITOS ANOS DE VIDA"♬♫♪♫♬♫🎶

DIEGO Presentounos o Belén que fixo con cartón


........................................................................................................................................................

                                               No patio temos un novo xoguete, UN CASTELO!


.............................................................................................................................................

Participamos no concurso de "CARTAS DE REIS MAGOS" que promove o Concello. Este é o modelo que envíamos
 

O procedemento seguido foi:
-  Usar as construcións para facer imaxes relacionadas cos Reis Magos, así apareceron os Reis, os tronos, os camelos,...
- Sacarlles unha foto e revelalas.
- Montar todo nun folio, tamaño A3 (polas dúas caras)
- Manter unha conversa reflexionando sobre o que supón ese día, as necesidad que temos de xoguetes, que mais se pode pedir a aparte de xoguetes, etc
Foi moi interesante, e moi serios/as foron opinando acerca de cada tema.

Ollade algunhas das construcións feitas para  a carta

       



                                       
                               

........................................................................................................................................................

Outra tarefa moi importante na que andamos metidos é Tratando de comprender a importancia de:

                                               RECICLAR, REDUCIR E REUTILIZAR

                                         Os SUPERHÉROES DAS TRES  R vannos axudar




 ............................................................................................................................................................

Hai uns días recibimos a visita de Mafalda, nai de Daniel, que nos contou un conto que nos gustou moito. Grazas ! Se alguén mais se anima, xa sabedes que sempre estamos encantados coa vosa presenza!!
      


..................................................................................................................................
Están feitos uns grandes construtores, aquí outra mostra delo