jueves, 27 de enero de 2022

ESTA SEMANA

 MOI BOAS!

TODOS BEN?

SEGUIMOS AS NOSAS ANDANZAS. ESTA SEMANA:

PARABÉNS PARA EMMA E QUE CUMPRA MOOITOSSSS MAISSSS!!!


O NOSO TALLER DE ARTE SEGUE A BO RITMO. AQUÍ TEDES AS NOSAS OBRAS! RECICLANDO E REUTILIZANDO COMO VERDADEIROS ECOHÉROES E ECOHEROAS😊

POR OUTRA BANDA, O TALLER DA CIENCIA TAMÉN DA MOITAS SATISFACCIÓNS. MISTURANDO CORES COMPROBAMOS RESULTADOS E, AO PASO, FACEMOS PRECIOSAS OBRAS.


AQUÍ TEDES UNHAS MOSTRAS DO NOSO TRABALLO NO LIBRO "MI QUERIDA TIERRA"






E, MAÑÁ, SAÍDA DE OBSERVACIÓN DA NATUREZA💖

BKSSSSSSS


REMATANDO A SEMANA PASADA

 Moi boas !

Semana especial por diferentes motivos:

Reincorporáronse Lucas e Pablo Prieto. Que alegría voltar a velos!

Artai estivo de aniversario antonte. Parabéns e que cumpras moitos mais!

...............................................................................................................
Para as nosas obras de arte usamos cartón reciclado e reutilizamos diferentes obxectos que temos na aula e xa non serven.

...........................................................................................................................
Pablo trouxonos de agasallo un xogo de cartas: El 1
a vindeira semana empezaremos a rolda. Moitas grazas familia!

.............................................................................................................
No patio seguimos a saltar á comba. Cada día somos mais os que nos animamos!Grazas a Rosa por colaborar.




Ata a vindeira semana co desexo de que xa esteamos todos!





martes, 18 de enero de 2022

ÚLTIMAS ANDANZAS

 Moi boas peques e maiores!

Inauguramos o recanto dos experimentos, como verdadeiros científicos intentaremos:
- facer hipóteses acerca do problema que se nos presenta
- experimentar 
-  sacar conclusións e, por último
- realizar unha mostra.
Hoxe empezamos experientando que sucede se misturamos a cor vermella coa amarela. Aquí queda o resultado.
............................................................................................................................
Na sesión de valores, contamos un dos contos deste libro. Moi interesantes para a idade.


...........................................................................................................................
Tamén xogamos a "El pañuelo de guante guante"


A raíz del tivemos unha interesante conversa:
(¿Cuando se juega a algo, tenemos que seguir las reglas de ese juego ?
- Siiiii
(¿Podemos inventar unas que no conozcan los otros jugadores?)
- Nooooo
(¿Se puede andar molestando por el medio cuando no es tú turno?)
- Nooooo
(¿Al que molesta le gusta hacerlo?)
- Siiii
(¿Y  a los demás, os gusta que interrumpan el juego? ¿Qué os parece?)
-Nooooo
-Mal
(¿Qué tendríamos que hacer?)
- Las cosas bien
(¿y si no paran de hacerlas mal?)
-Explicarles
- Chivarnos si no comparte,  si se pelea, o si llora.
(¿De qué sirve chivarnos?)
- Porque si no lo sigue haciendo mal
- y ya no podemos jugar
(¿Sería más práctico hacer alguna otra cosa?)
- Le ponemos en una cárcel
- Decirle para
- Si no quiere jugar, cogemos otra persona
- Dejarlo sin jugar
- Pués no lo dejamos jugar
(¿Y si se disculpa?)
Lo dejamos jugar otra vez
............................................................................................
Noutro momento xogamos a un xogo que se inventou Marta (reciclando un cartón).
Usamos dous dados, un con números e outro con signos e números: +   -   = , que nos di se temos que sumar, restar ou manter a mesma cantidade que nos tocou no dado pequeno.
Deste xeito practicamos o cálculo mental de xeito divertido.
Na casa é unha práctica que podedes realizar fácilmente con calquera xogo tipo oca, parchís, etc.

....................................................................................................
Esta é a páxina que fixemos onte de "Mi querida tierra"

.........................................................................................................
E, nos xogos de lingua, formamos palabras e, incluso, frases


Boa noite!


domingo, 16 de enero de 2022

DE VOLTA!

 OLAAAA! 

QUERIDOS TODOS, AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DAS NOSAS ANDANZAS DESTA SEMANA.

SOBRE TODO BOTAMOS MOITOOOOO DE MENOS AOS COMPAS QUE NON POIDERON VIR:

 AGARDAMOS QUE ESTEADES BEN!! TODO O NOSO CARIÑO PARA VOS E AS VOSAS FAMILIAS.

......................................

AQUÍ NOS TEDES FACENDO UN CADRO AO ESTILO DE JACKSON POLLOCK. FOI DIVERTÍDISIMO! E FIXEMOS VERDADEIRAS OBRAS DE ARTE. COMO NOS GUSTOU TANTO QUEDAMOS EN REPETILO A TAMAÑO XIGANTE




...........................................................................................................................

ALGUNHAS COMPAS APORTARON ESTES LIBROS PARA O NOSO RECANTO DE
 "MI QUERIDA TIERRA"
SON MARABILLOSOS, SE TEDES A OPORTUNIDADE DE VELOS NA BIBLIOTECA OU ...NON O DÚBIDEDES. SEGURO QUE NOS AXUDAN A COIDAR MOI BEN AO NOSO PLANETA


......................................................................................................................

OMAIRA COMPARTIU CON NOS AS  AVENTURAS QUE VIVIU DURANTE AS VACACIÓNS. CON ELA APRENDIMOS QUE HAI UN PARQUE EN LUGO, QUE SE CHAMA SAN CLODIO, NA QUE A TEMÁTICA PRINCIPAL SON AS FORMIGAS E QUE HAI MOITOS BICHIÑOS FEITOS CON MATERIAIS RECICLABLES. GRAZAS! 

....................................................................................................

VERO PRESENTOUNOS Á SÚA CADELIÑA "LANA"

VALERIA CONTOUNOS UN CONTO SOBRE  COMO COIDAR O NOSO PLANETA. 
                                                                     EMMA AMOSOUNOS O PINGÜÍN QUE AMADRIÑOU E PRESENTOUNOS Á SÚA CADELA                                 "CUME"
MOITAS GRAZAS A TODAS POR COMPARTIR AS VOSAS VIVENCIAS!
.................................................................

E ESTA FOI A SORPRESA QUE LEVAMOS O DÍA QUE VOLTAMOS DAS VACACIÓNS. PARECE QUE OS REIS NOS DEIXARON ESTES AGASALLOS: 
                    UNHA MESA DE LUZ E UN CIRCUITO DE CÁNICAS

TEÑEN CLARO QUE SOMOS MOI TRABALLADORES E BOAS PERSOAS
..............................................................................

LOGO DE FALAR DAS VACACIÓNS, DOS AGASALLOS, ETC. DEBUXAMOS O REGALO QUE MAIS NOS GUSTOU

                     CANDO OS VEXADES, SEGURO QUE LEVADES ALGUNHA SORPRESA!!!

                                                    Un bico moi forte para todos! Vémonos!