viernes, 26 de marzo de 2021

SEMANA MOI INTENSA

 Aproveitamos que xa remataramos o proxecto dos veículos para darlle un impulso aos contos contados por eles. Estes peques non deixan de sorprenderme cada día, e marabilloso como narran as historias que traen preparadas (pena de non telas filmadas). Gañaron en confianza e seguridade, xa son quen de falar mais alto e mais claro e, tamén, de facelo con menos vergoña. Parabéns a todos e todas.

Lucía: Hansel y Gretel

Ana: Ricitos de oro y los tres osos

Nicolás:
                          Buscando a Nemo

Pablo Pérez: Mickey Mouse

Ollade unha mostra dos debuxos realizados a partir dos contos narrados. Neste caso son do que contou Nicolás: "Buscando a Nemo" 
......................................................................................

Tamén Feliz sigue  recorrendo as vosas casas. Grazas por acollelo.
Novamente emociona escoitalos, como contan o que fixeron e o ben que o pasaron xuntos; incluso aqueles mais tímidos, sóltanse a falar compartindo cos demais as súas experiencias.

Nicolás, Lucas, Noa e Valeria
.................................................................
Con todo, onde mellor o pasamos é no patio. Aquí sacamos a relucir todo o noso potencial imaxinativo e relacional. Ás veces xurden problemas que forman parte da convivencia e que estamos a aprender a resolver.

.....................................................................................................

Finalmente, deixarvos un resumo das conversas mantidas esta semana, dalgunhas, para que vexades o que pensamos das ideas e temas plantexados

E alguén preguntou:  "Entonces que quiere decir santa?"

FELICES VACACIÓNS!






martes, 23 de marzo de 2021

HORTA E OUTRAS ANDANZAS

 Moi bo día!

Onte fomos á horta con Pedro e prantamos amorodos.

Nicolás sachou o terreo.
Noa fixo o burato cunha ferramenta especial para elo.
Valeria abonou.
Dylan puxo a pranta.
Olivia, regou

Xa vedes que organizadiño está todo.

....................................................................................................

Marta foi á praia esta fin de semana ( a Cabañas, segundo ela viaxou en avión. Que Cabañas será?). Alí recolleu moitas cunchas; á maioría non as recoñecimos (ostras, berberechos, mexilóns,..) Agardamos á chegada do bo tempo para poder ir  investigar. Grazas Marta.

Ana e Lucía, pasaron a fin de semana con Feliz. Contáronnos unha chea de cousas que fixeron e o ben que o pasaron: presentáronlle á familia, xogaron ao pillla, durmiron con el "un día una, un día otra, un día una, un día otra"
Este é o conto que nos contou Nuno, por si alguén quere recordalo.

................................................................................................
Noa foi a encargada de realizar as rutinas.

Hoxe pasamos moito tempo no patio, primeiro arriba e logo abaixo. Que ben se estaba!


Un grupiño merendou fóra, outros aproveitamos para escribir , outros para ler contos e, tamén, para divertirnos un montón! Pena que o día de mañá xa non presentará tan boa cara👧

Boa noite!






domingo, 21 de marzo de 2021

AO SOLETE

 OLAAA!

ANTES DE NADA DESEXAR UNS FELICES DÍAS AOS PAIS, AGARDO QUE GOZARADES MOITO DO VOSO DÍA.!

DE AGASALLO VAN ESTAS IMAXINES DISFRUTANDO AO SOL. 


FRECUENTEMENTE PREGUNTAMOS POLAS PELOTAS, ASÍ QUE HOXE DECICINME A SACALAS (DEBIDAMENTE DESINFECTADAS👧)
PASÁMOLO MOI BEN XOGANDO AO BALONCESTO.
.................................................................................................
AS PROTAGONISTAS DA SEMANA..
         NOA TROUXO TRES COCHES, EXPLICOUNOS                   EMMA TROUXO UN BUHO                                                                                                                    DE PELUCHE
        AS SÚAS CARACTERÍSTICAS E COMO XOGA                      E  CONTOUNOS OS SEUS                                                                                                                         HÁBITOS E
        CON ELES.                                                                                     COSTUMES.

ZEQUIEL, VEU CUN LOBIÑO DE PELUCHE, AMIGO DE FELIZ. TROUXOO BEN ABRIGADO: BUFANDA, GUANTES, XERSEI PORQUE ÍA MOITO FRÍO, SEGUNDO NOS EXPLICOU.

NUNO NARROUNOS A HISTORIA DUNHA EXCAVADORA A QUE LLE GUSTABAN MOITO OS CHARCOS; CADA VEZ QUE VÍA UN METÍASE NEL E ACABABA TODA SUCIA. UN DÍA, UN VECIÑO, PEDIULLE AXUDA PARA RECOLLER UNHAS MAZÁS; A ESCAVADORA AXUDOULLE E, O VECIÑO, EN AGRADECEMENTO, LAVOUNA E DEIXOUNA MOI MOI LIMPIÑA.

Sacamos un boa moralexa desta historia, a que si?

GRAZAS COMPAS, APRENDEMOS MOITO COMPARTINDO OS NOSOS SABERES!

..............................................................................................................................................

MOMENTOS CON "FELIZ"


VERA



                                                                        PABLO PRIETO


AQUÍ OS TEMOS CONTÁNDONOS TODAS AS ACTIVIDADES QUE FIXERON E O BEN QUE O PASARON.
ENTRE OUTRAS COUSAS CONTARON ONDE TIÑA DURMIDO "FELIZ", NUNS CASOS CON ELES, NOUTROS COS LOBIÑOS AMIGOS,...A PARTIR DISTO FALARON DE COMO ERA A SÚA CAMA E NON VEXADES A DE MODELOS QUE XURDIRON (XEMELGAS, NIDO, LITERAS,... ), QUEDARON ASOMBRADOS DE QUE HOUBERA "TANTAS FORMAS DE CAMAS"

BOA NOITE!




domingo, 14 de marzo de 2021

RETOMAMOS

 Moi boas!

Retomando as costumes pouco a pouco.

Seguimos moi activos e dispostos a aprender todo o que se nos presente ou o que se nos ocurra.

Esta semana as nosas actividades xiraron entorno ao " DÍA DA MULLER ". 

Na nosa aula escollimos unha muller futbolista, a primeira que houbo en Galicia e en España:

IRENE GONZÁLEZ BASANTA.

                              CAMPO DE FUTBOL "IRENE GONZÁLEZ BASANTA"

FALAMOS MOITO DA IMPORTANCIA DAS MULLERES AO LONGO DA HISTORIA; TAMÉN DA NECESIDADE DE TER AS MESMAS OPORTUNIDADES, CONDICIÓNS DE TRABALLO E RESPECTO QUE OS HOMES.

.....................................................................................................................................................................

A Semana pasada disfrutamos moito cos títeres que trouxo Dylan, amigos de "Feliz". 

O que nos reimos !! 

Carapuchiña, Feliz e outro lobo amigo seu, a aboa e o cazador 👩

............................................................................................................................

DYLAN REALIZANDO AS RUTINAS

...............................................................................................

ASÍ COMPLETAMOS O NOSO RECANTO DOS VEÍCULOS. APRENDIMOS MOITO !! GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN PARA QUE, AS NOSAS APRENDIZAXES, SEXAN O MAIS SIGNIFICATIVAS POSIBLE.

....................................................................................................................................................
OLIVIA FOI A PROTAGONISTA DA SEMANA:
PRESENTOUNOS ÁS PROTAGONISTAS DA PELÍCULA FROUZEN: ANA E ELSA.
A PARTIR DELO INICIOUSE UNHA CONVERSA MOI INTERESANTE ACERCA DOS ENFADOS CUN MESMO:
 "YO TAMBIÉN ME ENFADO CONMIGO MISMA" (DIXO UNHA COMPA).FOI COMPLICADO DEFINIR OS SENTIMENTOS OU AS ACCIÓNS QUE NOS CONDUCÍAN A ELO; ALGO FOMOS CONCRETANDO E DECIDIMOS CONTINUAR CON ESTE TEMA OUTRO DÍA.
OUTRO DÍA CONTOUNOS O SEU CONTO PREFERIDO: "PEPA PIG. BICHOS"
FIXOO FENOMENAL! GRAZAS OLIVIA!
FÍXEMOS UNS DEBUXOS ESTUPENDOS.

..........................................................................................................................................

O venres veu un equipo da " ESCOLA DE MÚSICA" do concello a presentarnos o seu programa de actividades. Encantounos! Nos divertimos moito, aprendimos mais sobre a música e non queriamos que marcharan. 
Xa sabedes o importante que é a música a tódolos niveis: para o desenvolvemento cognitivo, cultural, instrumental, etc !

.................................................................

Aquí tedes o grupo de POLICÍAS LOCAIS mais dicharacheiros.
Encántoulles a viseira (os que tedes o método na casa, tedes alí os materiais para facela)

.........................................................................

A xogar!


Boa semana!



miércoles, 3 de marzo de 2021

ESTOS DÍAS...

 Moi boas!

Aquí seguimos, coñecendo novos sinais e compartindo experiencias:

Alejandro, deu unha volta polo seu barrio e descubriu un montón de sinais, sacoulles fotos e aquí o vedes explicándonas

Vero, fixo un xogo de carreiras de coche. Explicounos as normas e, un día destos, imos xogar unha partida.

Ana, explicounos o semáforo.

Paco, recopilou varios sinais e pegounos nunha cartulina: "Me ayudó mamá". Tamén amosounos unha foto de cando fixo rosquillas.

Marta, contounos que es muy peligroso si hay animales por la calle.

................................................................................................................
Roi foi o noso maquinista cando fomos á aula de           Dylan falounos do seu robot, de como se move,                                                                                           
 usos múltiples a ver as fotos na pantaia grande.             das partes que o compoñen e:  "me lo compró 
                                                                                          mi papá "
 
                   Vero, trouxo un gatiño moi pequeniño:         Hugo contounos o ben que o pasou
                    "siempre está durmiendo"                           con Feliz na fin de semana. Como xogaron
                                                                                         no seu parque de xogos e onde durmiu.

A partir de agora, cada día, levarán á nosa mascota de visita. Tivemos unha conversa, moi interesante, sobre elo. Contamos os fins de semana que restaban ata fin de curso, logo contamos os que eramos na aula e...nos faltaban fins de semana! Nos puxemos a pensar como podiamos facer para que FELIZ poidera visitalos a todos. Sairon varias propostas:
- "Los llevamos dos y se lo damos" (mais ou menos querían dicir que o sábado ía a casa dun e o domingo á de outro). Pero con esto do virus non ía poder ser...
- " Lo lleva uno y después de eses meses amarillo y azul (Estivemos mirando o calendario e xullo e agosto estaban pintados desas cores), los otros"
- "Tarda mucho eso, a mi cuando me toca?"
- "Por lo menos nosotras lo llevamos juntas" (decía Ana)
- "Pués es mejor uno cada día"

E así faremos. O encargado "o encargada" (din elas) do día será o que o leve. Hay que traelo de volta ao día seguinte.
Xa o levaron: Hugo, Alejandro, Omaira e  hoxe durme na casa de Dylan.
Si podedes sacádelles unha foto e enviádema. Logo, na aula, contánnos a todos o que fixeron e o ben que o pasaron.
Agora tocanos ter paciencia ata que nos chegue a nosa quenda jjjj

................................................................................................

Hoxe tamén falamos dos trens e das mercancias que transportan. Moitos contaban que nunca foran nel. Encantarianos facer unha excursión . Será posible? Aí queda a idea