miércoles, 23 de junio de 2021

TOCA DESPEDIRSE

Moi boas!

Incrible, pero certo. O curso pasou case sen decatarnos e nos dispoñemos a disfrutar das vacacións, ben merecidas, por certo. 

Xogamos e traballamos moito, acostumámonos a eso de non abrazarnos, nen bicarnos, ao traxín das máscaras, a permanecer no noso grupo mesa, a desinfectarnos as mans agora sí e despois tamén, a...tantas novidades que, a principio de curso parecían imposibeis de acadar sen acabar turulatos. Pero son uns campións e reciben día a día o bo exemplo que lles dades, o cal fixo que integraran rapidamente as novidades e se dispuxeran a gozar de todo tipo de actividades.

Aprendimos moitas cousas, pero sobre todo aprendimos a querernos e a respectarnos un pouquiño mais cada día.

Agardamos que o vindeiro curso nos permita vivir mais e mellores experiencias e que poidades acompañarnos nalgunha delas, tanto na distancia como presencialmente.

Moitas grazas pola vosa colaboración e paciencia cos meus"disparates" que so perseguen facer da escola un lugar mais agradable, un ensino mais comprensivo, activo e participativo e unha convivencia relaxada e feliz. Non sempre foi posible, pero non deixamos de intentalo cada día.

Aquí queda o resumo dalgunhas das nosas andanzas:

Onte, festuqui de despedida. Que contentos estaban e como nos puxemos de lambonadas😉

O luns, os nenos e nenas de 6º viñeron a despedirse, van para o instituto. Que será iso?
Logo cantaron "Cumpleaños feliz" a todos os que cumprimos neste mes. Que emoción!
Como parte do peche do curso, tivemos un contacontos moi especial. Divertimonos moito! Grazas Ramiro!

Sempre amigos dos bichiños, Dylan trouxo uns caracois que lle colleu o seu pai. Encantáronnos!
E, por fin, coñecimos a Emma, a irmá de Pablo Prieto. 
Eso dos bebés chámanos moito a atención, e todos "recordaron " 😁vivenzas de cando eran eles así de pequenos.


...............................................................................................................................
Como agasallo,deixovos esta  conversa que mantivemos hai uns días 
a raiz de algo que nos contou Feliz. 
Rapidamente apareceron as mans levantadas para pedir a súa quenda e falar.

"Esa mañá, na aula, Feliz estaba moi cansado, non durmira ben porque a súa nai quixera durmir con el e, claro, con movementos para aquí e para alá, quen pode descansar! el non quería dicirlle á súa nai que fora para a súa cama, por si ela se molestaba, pero, claro, el xa é maior e quere durmir so, ou, como moito, cun peluche."
(ao paso que falan voulles preguntando como durmen eles e se lles len un conto antes de durmir)

- A veces mi hermano viene a mi cama porque yo le digo que venga. Ahora ya no, lo leo yo.
- (durme?) Con pesadillas. Me cuentan, un día mi papá y otro mi madre. Duermo con peluche.
- Pués papá molesta. Duermo con mi mamá, porque, si duermes solo, pues tengo mucho miedo a dormir solo...cuando sea mayor. (cuentan) Mi mamá y mi papá.
- Yo no duermo con nadie. (cuenta)Mamá.
- Yo duermo con mi papá, cuando me voy a la cama, que no me quedo dormida. Mi papá me cuenta un cuento.
- Con mi papá. Cuando me quedo dormido se va.
- Con nadie, con Lobezno (peluche) (cuenta) mamá y papá.
- Yo duermo sola, con mi peluche. (cuenta) mamá.
- A mi no me cuentan cuento. Antes de que vengan nadie me ponen dibujos de Pokemon y, cuando acaba un capítulo, viene mi madre y cuando me duermo se va.
- Pues eso se lo tengo que decir a mi madre, a ver si me lo puede poner. jjjjj!
- Pues yo me cambio de cama, a la de invitados, y veo la tele.
- Con nadie. Unas veces con mi hermana, en la misma habitación en distintas camas.Mami tenía una idea y construyó la cama de arriba. 
Tenemos dos piscinas, una grande y una pequeña. En casa de la abuela hai 2 teles.

A que non ten desperdicio? E que ben se explican.Veremos que contan á volta das vacacións.

Disfrutade moito e sácade algunha foto das vacacións que logo podan compartir con nos.

Agardo que alguén poda ir ver algunha das exposicións de dinosaurus que hai no noso país; ao final do proxecto púxenvos o enderezo dalgunha delas.









1 comentario:

  1. Gracias Geni por convertir un ano tan raro nun ano divertido no que aprenderon tanto!

    ResponderEliminar