domingo, 23 de mayo de 2021

RETOMAMOS

😊


Bo día a todos e todas!
Logo de un tempiño "fora das redes" retomamos a comunicación co relato das últimas  andanzas.
A celebración do  día das Letras galegas mantívonos ocupados un tempiño, pero os dinosaurus non desapareceron de todo; no patio montamos o seu habitat.

...............................................................................................................................
DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Este ano estivo adicado a XELA ARIAS, poeta, tradutora, profesora,.. Entre tódalas aulas de infantil realizamos este mural na súa honra

e, o venres pasado, celebramos unha festiña no noso patio, xunto co resto dos compas. Foi moi bonita, divertida e entrañable: escoitamos ás pandereteiras (nenas de 6º do noso colexio), recitamos un poema de Xela Arias, bailamos un par de muiñeiras e escoitamos o himno galego ao son da gaita. Creo que mais non se pode pedir. Ollade que ben resultou.


Queremos dar as grazas ás profes e resto de persoal que colaborou para que esto fóra posible e, moi especialmente, a Miguel, pai de Iago Zorrilla, que nos acompañou cos sons da GAITA

.....................................................................................................................

Á volta o primeiro foi, como non podía ser doutra maneira, rematar de montar os esqueletos dos dinosaurus que escavamos na aula

Tamén, Nicolás e Pablo P. nos amosaron as súas sudadeiras e nos contaron como se chamaban os dinosaurus que alí levaban.

Paco, superconcentrado, montando un dino. Era moi díficil, pero o conseguimos.

...............................................................................................
Con Hugo, rematou a nosa rolda de contacontos. 
Un día distos levarán os debuxos que realizaron. Agardo que vos gusten.
"La granja: ¿Donde está Bartolito?"
...........................................
Alguén recoñece este garfo?😉


Bks e feliz semana!





















 

1 comentario:

  1. Que semana bonita! Estes nenos son uns afortunados!! O garfo é de Nuno 🙋‍♂️

    ResponderEliminar