miércoles, 26 de mayo de 2021

 OLAAA!

Esta semana está sendo moi interesante. A nosa conversa principal xira entorno a COMO DESAPARECERON OS DINOSAUROS.

Para dilucidar sobre este tema, vimos vídeos, leímos un libro que trouxo Nuno, buscamos información nas revistas científicas e expresamos a nosa opinión.

Atención máxima

En xeral preferían a hipótese de que foran os volcáns, que entraron en erupción, os que provocaron a desaparición. Debían de visualizalo mellor e parecerlles mais espectacular.😉

 Despois de informarnos, parece que as últimas investigacións científicas confirman que foi un meteorito o que provocou a extinción; unha paleontóloga española participou na expedición que fixo este descubrimento.

LAIA ALEGRET

Aceptaron o do meteorito, pero buenooo....

              "A lo mejor son verdad las dos" (din algunhas)JJJJ!

...................................................................

Dado que nos encanta a paleontoloxía, excavamos outro dinosauro



.............................................
E, COMO SOMOS MOI ATREVIDOS, HOXE, CONVERTÉMONOS EN ALFAREIROS E, AQUÍ NOS TEDES, FACENDO DINOSAUROS😀

............................................

Ademais....
Dylan contounos cousas das serpes

Nuno e Alejandro fan as tarefas na nosa terraza. Que sorte!


Fomos medir o noso dino. Cada un anotou cantos pasos tiña que dar para recorrelo todo


E, de momento, nada mais e nada menos
BKSSSSSS







2 comentarios: