jueves, 3 de septiembre de 2020

XUNTANZA DE AULA

 hola saludo de pajarito tierno gif divertido | Gif lindos, Hola gif  animado, Imagenes animadas   MOI BOAS A TODOS E TODAS! 

 BENVIDOS A ESTE NOVO CURSO! ESPERAMOS SEXA  DO MAIS ESPECIAL: DIVERTIDO, INSTRUCTIVO E "SAÚDABLE". 

A vindeira semana teremos a xuntaza de nais e pais da nosa aula. Será presencial xa que nos parece importante unha primeira toma de contacto cercana, dado o tempo que levamos sen vernos.

Por favor, tómade nota da data e hora : MARTES  8 ÁS 12:30 (Pido disculpas, por adiantado, porque sei que é unha hora horrible, pero ...). 

 Dada a relevancia da información que nela se vos trasladará, é moi importante que haxa un representante de cada familia.

LUGAR: Será nunha das aulas de infantil que teña pantaia interactiva; aínda non sei en cal (o día da xuntanza, poñerei un carteliño na porta de acceso ao patio de infantil)

Tede en conta que debemos observar as seguintes medidas sanitarias:

- Vir so unha persoa por neno/a.

- Traer mascarilla.

- Gardar as distancias de seguridade.

- Usar xel antes de entrar a aula (haberá na porta)

- Os nenos e nenas non poden asistir.


Os que xa mercáchedes o material didáctico que vos pedimos para este curso, tráedeo o día da xuntanza, co nome en cada libriño e dentro dunha bolsa tamén co nome.

Por favor, envíademe confirmación da recepción deste mensaxe ao meu correo electrónico: genihdp@gmail.com, necesito saber que o recibichedes e que podedes vir á xuntanza.

Calquera dúbida poñédevos en contacto conmigo. Grazas.

Moitos bksss

No hay comentarios:

Publicar un comentario