domingo, 20 de septiembre de 2020

PRIMEIRA SEMANA SUPERADA!

 Bo día! 

Mentres non rematamos de preparar as AULAS VIRTUAIS, seguiremos usando o Blogue, para, deste xeito, poder estar en contacto e compartindo as vivencias de cada día.

Primeira semana superada! Nervios, ilusión, gañas de vir á escola, novas normas, ...un coctel díficil de xestionar, pero, parece, que vai tomando forma.

Ademais de reencontrarnos con moito cariño, de establecer as novas normas e de integralas (mais ou menos), conseguimos iniciar un pequeno proxecto que nos conducidará a escoller un novo nome para a nosa aula e a aprender acerca da temática que se elixa.

1º paso: Empezamos facendo propostas, sairon moitas: cabaliños de mar, tigres, osos, lobos, bonecos dos debuxos animados, formigas,...Tras varias votacións, nas que fomos acotando nomes, o elixido foi:

LOBOS E LOBAS

   

Aquí podedes ver o debuxo que fixemos do lobo ou da loba, xa que, a suxerencia dunha compa: "Los niños pueden dibujar un lobo y las niñas una loba"👧👧

2º paso: Respostar á pregunta: Que sabemos dos lobiños e lobiñas?

Cantas cousas sabemos!

3ºpaso: Respostar á pregunta: Que queremos saber dos lobiños e lobiñas?
Sobre todo, por que teñen tódolos seus órganos tan grandes😉Hai certo "morbo" ao redor deste animal. Ao tempo que lles da medo, gústalles; cousas da idade ou somos un pouco todos así?

4º paso: Respostar á pregunta: Como, donde, que podemos facer para resolver as nosas dúbidas?

Mañá falaremos disto e, seguramente, vos pediremos colaboración. Atentos😃



................................................................................................X.......................................................

IMAXINES QUE O DIN TODO:

XOGAMOS NO OU CO  NOSO
GRUPO MESA





PRACTICAMOS AS SAÍDAS E AS ENTRADAS GARDANDO AS DISTANCIAS E SEGUINDO O CAMIÑO MARCADO NO CHAN.


APROVEITAMOS O MÁXIMO POSIBLE O PATIO.



COÑECIMOS Á PROFE LOURDES E FIXEMOS PSICOMOTRICIDADE FÓRA. SEMPRE QUE SE PODA ASÍ SERÁ..


TÓDOLOS DÍAS QUEREMOS LEVAR AS PEQUENAS TAREFAS QUE ESTAMOS A REALIZAR, PERO, POR RAZÓNS QUE XA COÑECEDES, DEBEN DE GUARDAR "UNHA CUARENTENA" ASÍ QUE...PACIENCIA ☺


BKSSS!

















No hay comentarios:

Publicar un comentario