martes, 14 de abril de 2020

Un pouquiño de charleta...

Como estades familias?
Como xa dixen no vídeo, pola miña casa moi ben de saúde e de amizade. Grazas polo voso cariño e ánimo. Seguimos navegando, sen prisa, pero sen pausa.

Gustaríame saber se estades todos ben, e si  sabedes de alguén que precise dunha atención especial debido a distintas circunstancias,; se se dera este caso, porfa envíademe un correo electrónico ao enderezo: genihdp@gmail.com

Fantásticos os vídeos que mandades para o album "as xoaniñas quedan nas casiñas". Encántame ver aos peques  e descubrir o imaxinativos que sodes todos e todas. Seguide con elo, seguro que os nenos e nenas o pasan fenomenal vendo aos seus compas. O enderezo para envíalos sigue sendo o meu correo.

Por outra banda gustaríame saber, tamén, se todos puidechedes ver a avaliación, de non ser así 
poñédevos en contacto conmigo para solucionalo.

En fin, non dúbidedes en comentarme todo aquelo que vos preocupe dende esta situación que estamos a vivir e que agardamos pase o mais axiña e definitivamente posible.
---------------------------------------------------------------------------------------------------

De regalo, unhas fotos dos últimos días de cole

Día da muller: 8 de marzo, os maiores viñeron contarnos os feitos de grandes mulleres!

 Logo de falar na aula de mulleres con vidas importantes para o ben común, decidimos debuxar á     " muller mais importante da nosa vida", a quen credes que debuxaron?
Menudos artistas, non hai como debuxar a alguén querido para que dean o mellor de si...






Unha xornada de actividades no patio, que tempos! parece que fai un século, jajjaj!


Ata outro diaaaa e moitos bksssss!














No hay comentarios:

Publicar un comentario