miércoles, 29 de abril de 2020

FACEMOS NO-NUTELLA

Bo mércores a todos e todas!!!

Estou moi contenta por todas as fotos e vídeos que estades mandando. Fainos moita ilusión vernos e ter noticias dos compas.
Como está sendo unha semana moi boa posto que xa podedes xogar un ratiño na rúa, fixemos novos amigos como os caracois e os poliños de Nicolás, tivemos noticias das nosas prantas... pois imos a engadirlle un toque doce coa receita que vos deixo de NO-NUTELLA!!! Tedes que porbala porque é moi SANA, RÁPIDA E FÁCIL DE FACER (queda máis suave se deixamos os dátiles 10 min en agua antes de facela).


AVISO IMPORTANTE: Cociño FATAL... vós seguro que o facedes moito mellor.

Como sempre recórdovos que na aula virtual do colexio tedes máis actividades para facer: unha sobre a receita, hoxe mércores tedes actividades de T.I.C.S  e moitas cousas máis na biblioteca vitual do cole!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario