sábado, 12 de marzo de 2022

ECOHÉROES

 Moi boas a todos e todas!

Novamente compartimos con vos algunhas das nosas peripecias.

Onte, sen ir mais lonxe, viñeron da escola municipal de música a realizar unha actividade con nós; entre todos compuxemos unha fermosa canción.

Unha vez mmais queda patente a importancia da música para o desenvolvemento xeral da persoa: intelixencia,sociabilidade e cultura aunanse por medio dela.

 
 

 
Con Marcos e Mariluz divertímonos moito

.......................................................................................................................
Por fin poidemos estrear as nosas capas, e demais complentos, de
 ECOHÉROES E ECOHEROÍNAS.
Grazas por colaborar en facelo posible.

Sentimonos máis unidos e identificados como parte dun grupo. Formamos un gran equipo con varios subgrupos. Cada un ten a súa misión.
........................................................................................................................
Estes días pasados celebramos  a semana da prensa
Dita actividade está incluida no corriculum escolar e pretende achegar ao alumnado ao coñecemento dos mediios de información.

Iniciamos o tema por medio dunha conversa, como sempre. Ao principio falar de PRENSA nos lles dicía nada, pero cando nomeamos os xornais a cousa xa cambiou:
- Eso lo lee mi abuelo
- Si, y también mi papá los domingos

(Pregunteilles que noticias saían nos periódicos)

- Hai noticias de guerra. Que Rusia declaró la guerra a Ucranía.
(Por que?)
- Para Rusia ser más poderosa y tener más territorio, porque Ucranía tiene buenos productos.
- Creo que están luchando y cuando estaban luchando, creo que, se escaparon de los que están luchando.
- La guerra están luchando y, algunos, lanzan bombas, explotan y rompen las casas.
Los malos tiran bombas así que queda toda la ciudad...
- Un camión que llevaba comida y no le da más hasta siete días.
- Los malos disparan, que vimos cañones y...

Sobre todo falaron disto, xa que a maioría estaba informada do que está acontecendo, pero tamén:

- Hablan del Depor
- Del tiempo que hace hoy
- De lo que pasa en Coruña

A continuación pasamos a ver distintas fontes de información impresas: revistas, xornais, etc
Dado que o noso obxectivo, a proposta do equipo de biblioteca, era realizar unha PORTADA DE XORNAL, céntramonos nela: ollamos os apartados que contiñan, os tipos de latras, as fotos,...e pasamos a diseñar a nosa:

-: Nome do xornal: ECOHÉROES ECORRESPONSABLES (non houbo dúbida)
- Apartados
- Fotografías que aparecerían
- Pe de foto
ESTE FOI O RESULTADO


Usamos distintos medios para realizalo, entre eles o  ordenador: subtítulos, imaxines,..


.............................................................................................................................................................

Tamén chegou o momento de ver o resultado final dos nosos últimos experimentos

Por esta parte, quedou demostrado que o vento e a contaminación estropean as cousas. As gomas que estaban na percha de fóra romperon enseguida; as que estaban ben gardadas non.

Na horta (Con Sonia)


,
constatamos que:
- Son biodegradables: as mondas de plátano e as follas de leituga . A estas quereas á terra e, polo tanto, poden voltar a ela.
- Non son biodegradables: o papel de aluminio e o tapón de plásticos. A estes non os quere a terra e, polo tanto, non poden voltar a ela.



.....................................................................................................................
Finalmente, presentámosvos oa gravación que realizamos para conmemorar o día de Rosalía de Castro

(Cun pouquiño de retraso jjj!, pero..)

Boa finde!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario