martes, 23 de marzo de 2021

HORTA E OUTRAS ANDANZAS

 Moi bo día!

Onte fomos á horta con Pedro e prantamos amorodos.

Nicolás sachou o terreo.
Noa fixo o burato cunha ferramenta especial para elo.
Valeria abonou.
Dylan puxo a pranta.
Olivia, regou

Xa vedes que organizadiño está todo.

....................................................................................................

Marta foi á praia esta fin de semana ( a Cabañas, segundo ela viaxou en avión. Que Cabañas será?). Alí recolleu moitas cunchas; á maioría non as recoñecimos (ostras, berberechos, mexilóns,..) Agardamos á chegada do bo tempo para poder ir  investigar. Grazas Marta.

Ana e Lucía, pasaron a fin de semana con Feliz. Contáronnos unha chea de cousas que fixeron e o ben que o pasaron: presentáronlle á familia, xogaron ao pillla, durmiron con el "un día una, un día otra, un día una, un día otra"
Este é o conto que nos contou Nuno, por si alguén quere recordalo.

................................................................................................
Noa foi a encargada de realizar as rutinas.

Hoxe pasamos moito tempo no patio, primeiro arriba e logo abaixo. Que ben se estaba!


Un grupiño merendou fóra, outros aproveitamos para escribir , outros para ler contos e, tamén, para divertirnos un montón! Pena que o día de mañá xa non presentará tan boa cara👧

Boa noite!






No hay comentarios:

Publicar un comentario