Moi boas!
Pasamos unha mañá bastante tranquila, sobre todo a primeira parate...
Como tódolos días, logo de xogar ao que chamamos "xogos de mesa" (onte víchedes un resumo), pasamos a canatr a canción de benvida e a realizar as rutinas: pasamos lista, contamos cantas nenas e nenos estamos, fácemola suma para ver o total. Despois ven o calendario: día da semana (que escribimos), día do mes, ver que tempo vai...
Eira levou todo o proceso estupendamente e rematamos axiña
.......................................................................................
Logo de inglés, da parva e do recreo, realizando esta actividade que vedes abaixo, xurdiu o primeiro debate da mañá. O exercicio consistía en buscar as profesións que necesitaran un medio de transporte para poder realizala; unha vez feito isto tiñan que pensar en que lles gustaría traballar e escríbilo. A maioría enseguida o tivo claro e, agás un par deles que elixiron a profesión do seu pai, o resto escolleu unha das que aparecían na páxina. Excepto un que dixo "no, yo no voy a trabajar" Eu lle explico eso de que tódalas persoas maiores teñen unha profesión e saen unhas horas a realizala, ( poñemos exemplos ), "ya, pero yo me quedo en casa", entón non me queda mais remedio que sacar a relucir as necesidades das persoas e da sociedade (precisamos un salario para mercar o necesario, hai que fabricar os mobles,...)contesta, "se lo pido a mis padres". Eso no puede ser siempre, lle digo, e, tras moitas dúbidas, dice: "bueno entonces yo me quedo en casa en el ordenador y hago lo que hacen mis padres"
Cada quen que saque as súas propias conclusións
................................................................................................................
E, xa no ratiño de xogos de antes de marchar, uns dentro e outros fora....que sorte coas terrazas, sobre todo hoxe que saiu o sol
Noa e Valeria pintando os seus vehículos:
un autobús e unha bicicleta
😁😊😊
ATA MAÑÁ!
No hay comentarios:
Publicar un comentario