miércoles, 24 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Moi boas!

Mañá moi especial, dedicada á nosa escritora "ROSALÍA DE CASTRO"                 

                                                               


Leimos sobre a súa vida e obra. Aprendemos que naceu, hai moitos moitos anos, en Santiago de Compostela e que morreu en Padrón. Tamén que viviu en moitos sitios: Santiago, Madrid, Coruña, Ortoño,..

Escribiu moitas obras, tanto en prosa como en verso (varios en castelán). Algúns dos seus poemas eran moiiiiii longos.

Na clase leimos varios, escoitamos cancións que falaban dela ou que versionaban os seus poemas e, por último,decidimos converternos en poetas e escribir o noso "poema longo"

Como sempre, estes peques, non deixan de sorprenderme gratamente. Ao principio algún dixo que "yo no se escribir", pero dende o momento en que se convenceron de que si, empezaron e xa non daban parado. Ollade o seu bo facer






QUEN DIXO MEDO?

....................................................................................................................

Esta mascarilla quedou no pasillo, recoñecedela?

Ata mañá



No hay comentarios:

Publicar un comentario