martes, 2 de febrero de 2021

ONTE E HOXE

 Moi boas!

As nosas fabulosas responsables: Vero e Vera, que casualidade, as dúas empezan por V.
A primeira novidade foi decatarnos do cambio de mes: FEBREIRO xa está aquí, así que despedimos a xaneiro. Falamos do acontecemento especial deste mes: o entroido. Xa comentaremos mais cousas acerca del...
Na actividade de horta, entre outras cousas, trasplantamos estas plantiñas que trouxo Geni: Unha Kalanchoe e unha Prímula. Estamos aprendendo os seus nomes porque... 
" si, las plantas también tienen nombre, Geni " (din eles).
Merqueinas porque, ademais de alegrar a nosa terraza e a nos, queriamos observar as flores. Xa hai días houbo unha discusión na aula, acerca de como son as flores. Varios estaban a debuxar unha flor e, cada quen facíao de xeito diferente; o que estaba ao lado dicíalle que "así no son las flores, son así" (ensinaballe a súa) e abriuse o debate ao resto da aula...polo que nada mellor para comprobalo que velo na realidade: Hay flores de moitas formas, cores, olores,...

............................................................................................


Os nosos artistas de hoxe e onte : Alejandro e Lucía, Dylan e Marta, e Paco
Non hai medio de transporte que se nos resista! Un todoterreno, un avión, un coche de carreras, un coche,...cada quen elixe pintar o que prefire e encántalles facelo! A Pregunta de cada día é, " y a mi cuando me toca"
..................................................................................

                            Dominó de formas xeométricas                             Compoñemos palabras

Traballamos a psicomotricidade fina e a creatividade      Asociamos imaxes coas súas formas e siluetas


Sumamos e restamos
...............................................................................................................



Bailamos: 
" Una mané en la caré 
y otra mané en la rodillé
Que lo baile, que lo baile
Que lo baile, que lo baile
Que lo baile, que lo baile
Que lo baile doña Inés
La mané se irá poniendo
donde vaya yo diciendo
la mané se va a poner
................................. "

..............................................................................................................

Facemos os libriños en pequenos grupos, mentres, os demais, xogan coa plastilina.
 Ollade que concentración, en ámbolos dous casos jjjj

..................................................................................................

Os nosos " contadores de hoxe": Dylan e Pablo P.

Dylan contounos a historia de "Los tres cerditos" fíxoo de maravilla e, despois, todos realizamos uns debuxos espectaculares. Grazas Dylan!
Pablo, explicounos de xeito moi claro e concreto como se fan as ricas madalenas que trae á aula ás veces. Un día vou poñela en formato pictograma e vola mando por si queredes facela e ou completala con eles. Grazas Pablo.

y ... FIN







No hay comentarios:

Publicar un comentario