😊
Bo día a todos e todas!
Logo de un tempiño "fora das redes" retomamos a comunicación co relato das últimas andanzas.
A celebración do día das Letras galegas mantívonos ocupados un tempiño, pero os dinosaurus non desapareceron de todo; no patio montamos o seu habitat.
...............................................................................................................................
DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Este ano estivo adicado a XELA ARIAS, poeta, tradutora, profesora,.. Entre tódalas aulas de infantil realizamos este mural na súa honra
e, o venres pasado, celebramos unha festiña no noso patio, xunto co resto dos compas. Foi moi bonita, divertida e entrañable: escoitamos ás pandereteiras (nenas de 6º do noso colexio), recitamos un poema de Xela Arias, bailamos un par de muiñeiras e escoitamos o himno galego ao son da gaita. Creo que mais non se pode pedir. Ollade que ben resultou.
Queremos dar as grazas ás profes e resto de persoal que colaborou para que esto fóra posible e, moi especialmente, a Miguel, pai de Iago Zorrilla, que nos acompañou cos sons da GAITA
.....................................................................................................................
Á volta o primeiro foi, como non podía ser doutra maneira, rematar de montar os esqueletos dos dinosaurus que escavamos na aula
Tamén, Nicolás e Pablo P. nos amosaron as súas sudadeiras e nos contaron como se chamaban os dinosaurus que alí levaban.
Paco, superconcentrado, montando un dino. Era moi díficil, pero o conseguimos.
...............................................................................................
Con Hugo, rematou a nosa rolda de contacontos.
Un día distos levarán os debuxos que realizaron. Agardo que vos gusten.
"La granja: ¿Donde está Bartolito?"
Que semana bonita! Estes nenos son uns afortunados!! O garfo é de Nuno 🙋♂️
ResponderEliminar