OLAAA!
Esta semana está sendo moi interesante. A nosa conversa principal xira entorno a COMO DESAPARECERON OS DINOSAUROS.
Para dilucidar sobre este tema, vimos vídeos, leímos un libro que trouxo Nuno, buscamos información nas revistas científicas e expresamos a nosa opinión.
En xeral preferían a hipótese de que foran os volcáns, que entraron en erupción, os que provocaron a desaparición. Debían de visualizalo mellor e parecerlles mais espectacular.😉
Despois de informarnos, parece que as últimas investigacións científicas confirman que foi un meteorito o que provocou a extinción; unha paleontóloga española participou na expedición que fixo este descubrimento.
LAIA ALEGRET
Aceptaron o do meteorito, pero buenooo....
"A lo mejor son verdad las dos" (din algunhas)JJJJ!
...................................................................
Dado que nos encanta a paleontoloxía, excavamos outro dinosauro
Que xeito tan divertido de aprender!
ResponderEliminarQue marabilla de actividades!!! 😍😍
ResponderEliminar