Benvidos á clase das e dos ECOHÉROES!! Somos os nenos e nenas de 5 anos B do Luís Seoane, esperamos que participedes connosco da nosa andaina no cole.
domingo, 30 de mayo de 2021
VERMIÑOS...
miércoles, 26 de mayo de 2021
OLAAA!
Esta semana está sendo moi interesante. A nosa conversa principal xira entorno a COMO DESAPARECERON OS DINOSAUROS.
Para dilucidar sobre este tema, vimos vídeos, leímos un libro que trouxo Nuno, buscamos información nas revistas científicas e expresamos a nosa opinión.
En xeral preferían a hipótese de que foran os volcáns, que entraron en erupción, os que provocaron a desaparición. Debían de visualizalo mellor e parecerlles mais espectacular.😉
Despois de informarnos, parece que as últimas investigacións científicas confirman que foi un meteorito o que provocou a extinción; unha paleontóloga española participou na expedición que fixo este descubrimento.
LAIA ALEGRET
Aceptaron o do meteorito, pero buenooo....
"A lo mejor son verdad las dos" (din algunhas)JJJJ!
...................................................................
Dado que nos encanta a paleontoloxía, excavamos outro dinosauro
domingo, 23 de mayo de 2021
RETOMAMOS
miércoles, 5 de mayo de 2021
ESTA SEMANA...
Olaaaa!
Así, sen pensalo gran cousa xa estamos á metade da semana e, queredes saber en que andamos?
" PREPARANDO A EXPOSICIÓN DE DINOSAURUS"
Como teñen nomes tan longos, levanos moito tempo escribilos, pero o facemos encantados.
.............................................................................................................................................
sábado, 1 de mayo de 2021
EXPERIENCIASSSS
Moi boas!
Esta semana estivo moi cargada de experiencias diversas. O tema dos dinosauros está dando moito de si.