Aproveitamos que xa remataramos o proxecto dos veículos para darlle un impulso aos contos contados por eles. Estes peques non deixan de sorprenderme cada día, e marabilloso como narran as historias que traen preparadas (pena de non telas filmadas). Gañaron en confianza e seguridade, xa son quen de falar mais alto e mais claro e, tamén, de facelo con menos vergoña. Parabéns a todos e todas.
Buscando a Nemo
Ollade unha mostra dos debuxos realizados a partir dos contos narrados. Neste caso son do que contou Nicolás: "Buscando a Nemo"
......................................................................................
Tamén Feliz sigue recorrendo as vosas casas. Grazas por acollelo.
Novamente emociona escoitalos, como contan o que fixeron e o ben que o pasaron xuntos; incluso aqueles mais tímidos, sóltanse a falar compartindo cos demais as súas experiencias.
Nicolás, Lucas, Noa e Valeria
.................................................................
Con todo, onde mellor o pasamos é no patio. Aquí sacamos a relucir todo o noso potencial imaxinativo e relacional. Ás veces xurden problemas que forman parte da convivencia e que estamos a aprender a resolver.
.....................................................................................................
Finalmente, deixarvos un resumo das conversas mantidas esta semana, dalgunhas, para que vexades o que pensamos das ideas e temas plantexados
FELICES VACACIÓNS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario