Moi bo día!
Onte fomos á horta con Pedro e prantamos amorodos.
Nicolás sachou o terreo.
Noa fixo o burato cunha ferramenta especial para elo.
Valeria abonou.
Dylan puxo a pranta.
Olivia, regou
Xa vedes que organizadiño está todo.
....................................................................................................
Marta foi á praia esta fin de semana ( a Cabañas, segundo ela viaxou en avión. Que Cabañas será?). Alí recolleu moitas cunchas; á maioría non as recoñecimos (ostras, berberechos, mexilóns,..) Agardamos á chegada do bo tempo para poder ir investigar. Grazas Marta.
Este é o conto que nos contou Nuno, por si alguén quere recordalo.
................................................................................................
Hoxe pasamos moito tempo no patio, primeiro arriba e logo abaixo. Que ben se estaba!
Boa noite!
No hay comentarios:
Publicar un comentario