Aproveitamos que xa remataramos o proxecto dos veículos para darlle un impulso aos contos contados por eles. Estes peques non deixan de sorprenderme cada día, e marabilloso como narran as historias que traen preparadas (pena de non telas filmadas). Gañaron en confianza e seguridade, xa son quen de falar mais alto e mais claro e, tamén, de facelo con menos vergoña. Parabéns a todos e todas.
Benvidos á clase das e dos ECOHÉROES!! Somos os nenos e nenas de 5 anos B do Luís Seoane, esperamos que participedes connosco da nosa andaina no cole.
viernes, 26 de marzo de 2021
SEMANA MOI INTENSA
martes, 23 de marzo de 2021
HORTA E OUTRAS ANDANZAS
Moi bo día!
Onte fomos á horta con Pedro e prantamos amorodos.
Este é o conto que nos contou Nuno, por si alguén quere recordalo.
domingo, 21 de marzo de 2021
AO SOLETE
OLAAA!
ANTES DE NADA DESEXAR UNS FELICES DÍAS AOS PAIS, AGARDO QUE GOZARADES MOITO DO VOSO DÍA.!
DE AGASALLO VAN ESTAS IMAXINES DISFRUTANDO AO SOL.
domingo, 14 de marzo de 2021
RETOMAMOS
Moi boas!
Retomando as costumes pouco a pouco.
Seguimos moi activos e dispostos a aprender todo o que se nos presente ou o que se nos ocurra.
Esta semana as nosas actividades xiraron entorno ao " DÍA DA MULLER ".
Na nosa aula escollimos unha muller futbolista, a primeira que houbo en Galicia e en España:
IRENE GONZÁLEZ BASANTA.
CAMPO DE FUTBOL "IRENE GONZÁLEZ BASANTA".....................................................................................................................................................................
A Semana pasada disfrutamos moito cos títeres que trouxo Dylan, amigos de "Feliz".
O que nos reimos !!
Carapuchiña, Feliz e outro lobo amigo seu, a aboa e o cazador 👩
miércoles, 3 de marzo de 2021
ESTOS DÍAS...
Moi boas!
Aquí seguimos, coñecendo novos sinais e compartindo experiencias:
Alejandro, deu unha volta polo seu barrio e descubriu un montón de sinais, sacoulles fotos e aquí o vedes explicándonas
Vero, fixo un xogo de carreiras de coche. Explicounos as normas e, un día destos, imos xogar unha partida.
Ana, explicounos o semáforo.
Paco, recopilou varios sinais e pegounos nunha cartulina: "Me ayudó mamá". Tamén amosounos unha foto de cando fixo rosquillas.
Marta, contounos que es muy peligroso si hay animales por la calle.