OLA!
A saída a ver as árbores do paseo, foi unha experiencia curtiña, pero moi aproveitada. Descubrimos algunhas árbores que non coñeciamos e explicamos aos compas as que si. Cores e formas describían a cada un. Se tiña follas ou non: "ESTÁN CADUCADOS", apuntou alguén por alí. Quedamos en voltar para o inverno e ver se acertamos nas nosas deducións, árbore de folla perenne ou de folla caduca.
Ata hai un olivo
..........................................................................................................................................
O domingo foi o "DÍA DAS BIBLIOTECAS"
e nos o celebramos onte, luns. Os encargados da biblioteca do cole, os nenos e nenas de quinto viñeron a propoñernos un reto, de parte de LEOMOITO (a mascota da biblioteca): se de aquí a fin de curso lemos nove libros variados, haberá un agasallo para celebralo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario