Moi boas a todos e todas!
A semana pasada foi moi intensa: Experimentos, aniversarios, xogos populares,...queredes ver un resumo de todo elo?
Seguro que si
EMMA compartiu con nos o seu resumo das vacacións.
Foi a Sanabria e, ademais de bañarse no lago, visitou o museo dos LOBOS e viunos na realidade. Sabíades que Sanabria e terra de lobos?
Tamén nos mostrou dos videos, un coas actividades que realizaron na natureza e, outro, que mostraba o nacemento de tres lobiños. Quixemos velo varias veces.
A raiz de todo isto coñecimos a FELIX RODRIGUEZ DE LA FUENTE e vimos anacos dalgún dos seus programas con lobos e outros animais.
Grazas por compartir!
..................................................................................................................................
ANA, VALERIA e LUCÍA estiveron de aniversario o 21.
PARABÉNS COMPAS ! que cumprades moitos mais!
.....................................................................................................
VOLCÁN
Esta vez tocoulle a ZEQUIEL ser o científico.
Gustoulles tanto que quedamos en repetilo.
Na aula, con un kiwi, coas mans e cun LIBRO que trouxo NUNO, imaxinamonos por que pasa "eso" dentro da terra. Vimos que está dividida en "placas tectónicas", que estas se moven e... deixan sair o magma xa transformado en lava.
......................................................................................................................
Os xogos populares están tendo un espacio na nosa xornada. Estamos aprendendo
"El patio de mi casa"
Gustanos moito!
Que díficil andar á pata coxa tanto tempo!
Algúns fixemos uns debuxos do xogo e escribimos o seu nome. Xa os veredes, son uns artistas, fixeron unhas rodas estupendas.
....................................................................................................................
Facemos adornos para a celebración do SAMAÍN
Algúns teñen que practicar un pouquiño mais coas tesoiras, jjj!
....................................................................................................................................................
En grupos, xogamos nos recantos
y esto es todo amigos!
SAÚDOSSSS e boa semana de SAMAÍN!
EH, UN MOMENTO! NOS QUEDA A EXCURSIÓN DO VENRES.
RESULTOU MOI AMENA.
Cando teña as fotos contovos mais