Retomamos a actividade diaria con moitas gañas, ilusión e desexos de facer cousas novas.
Esta mañá Valeria contounos un conto moi chulo: "El lobo que vino a cenar", replica do que xa contaramos antes do nadal: "La ovejita que vino a cenar". Encantaronnos, pero o que mais que o contara ela e tan "alto e claro".
A raíz desta actividade de hoxe, decidimos que todos queriamos contar contos aos compas e que, para elo, tiñamos que preparalos moi ben na casa. Se trata de que escollan un que lles guste moito e contarnolo o día que toque. Xa vos aviso cando lle corresponde a cada un/unha.
Nin que dicir ten que se trata dunha actividade moi interesante xa que por medio dela traballamos moitos obxectivos:
1.- Despertar o interese e gusto pola lectura
2.- Introducirnos na técnica da lectura: de esquerda a dereita, de arriba abaixo,...
3.- Adquirir novo vocabulario
4.- Exercitar a memoria: recordar frases, expresións,..
5.- Practicar a comunicación oral: ton de voz, articulación de fonemas,...
6.- Vencer a timidez de falar para o grupo
7.- Experimentar o gusto por compartir cos demais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario