MOI BOAS A TODOS E TODAS!
BENVIDOS A ESTE NOVO CURSO! ESPERAMOS SEXA DO MAIS ESPECIAL: DIVERTIDO, INSTRUCTIVO E "SAÚDABLE".
A vindeira semana teremos a xuntaza de nais e pais da nosa aula. Será presencial xa que nos parece importante unha primeira toma de contacto cercana, dado o tempo que levamos sen vernos.
Por favor, tómade nota da data e hora : MARTES 8 ÁS 12:30 (Pido disculpas, por adiantado, porque sei que é unha hora horrible, pero ...).
Dada a relevancia da información que nela se vos trasladará, é moi importante que haxa un representante de cada familia.
LUGAR: Será nunha das aulas de infantil que teña pantaia interactiva; aínda non sei en cal (o día da xuntanza, poñerei un carteliño na porta de acceso ao patio de infantil)
Tede en conta que debemos observar as seguintes medidas sanitarias:
- Vir so unha persoa por neno/a.
- Traer mascarilla.
- Gardar as distancias de seguridade.
- Usar xel antes de entrar a aula (haberá na porta)
- Os nenos e nenas non poden asistir.
Os que xa mercáchedes o material didáctico que vos pedimos para este curso, tráedeo o día da xuntanza, co nome en cada libriño e dentro dunha bolsa tamén co nome.
Por favor, envíademe confirmación da recepción deste mensaxe ao meu correo electrónico: genihdp@gmail.com, necesito saber que o recibichedes e que podedes vir á xuntanza.
Calquera dúbida poñédevos en contacto conmigo. Grazas.
Moitos bksss
No hay comentarios:
Publicar un comentario