Boas de novo,
Como vexo que hai un pouco de confusión, aclaro por aquí tamén.
O luns (hoxe) e o martes (mañá) de 10:00 a 13:00 horas podedes pasar as familias de infantil, 1º e 2º de EP a recoller os materiais que quedaron na aula dos nenos e nenas.
Para isto non precisades ter cita previa. Esperades no portalón de entrada o turno e listo (se sodes os primeiros, timbrade, claro).
Aqueles e aquelas que por calquera motivo non poden vir hoxe nin mañá, queda o venres como opción, posto que o mércores e o xoves está reservado para os curso restantes.
MOI IMPORTANTE: Por normativa e por seguridade, tedes que traer mascarilla posta.
MOITAS GRAZAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario