Bo día a tod@s!!
Este xoves vén cargadiño.
Para comezar, como todos os xoves, atoparedes actividades de relixión e de psicomoticidade na aula virtual do colexio. A profe Edel e a profe Lourdes están moi bailaríns hoxe e ensínannos algo sobre a muñeira. Ide a botar un ollo!
Os profes do DO tamén nos mandan dúas actividades moi chulas que tamén atoparede alí.
Ademáis temos o capítulo novo de Ana do noso conto encadeado no álbum. Estupendo!
Por último, atoparedes unha presentación con varios enlaces de interese sobre as letras galegas. Evidentemente é para que teñades varias opcións. NON é para facelo todo e o que decidades facer pódese traballar en varios días tendo en conta que vén aí a finde.
Eu atopeime coas miñas galiñas de paseo que ben poderían ser as do conto de Carvahlo Calero, non?
No hay comentarios:
Publicar un comentario