Como xa dixen no vídeo, pola miña casa moi ben de saúde e de amizade. Grazas polo voso cariño e ánimo. Seguimos navegando, sen prisa, pero sen pausa.
Gustaríame saber se estades todos ben, e si sabedes de alguén que precise dunha atención especial debido a distintas circunstancias,; se se dera este caso, porfa envíademe un correo electrónico ao enderezo: genihdp@gmail.com
Fantásticos os vídeos que mandades para o album "as xoaniñas quedan nas casiñas". Encántame ver aos peques e descubrir o imaxinativos que sodes todos e todas. Seguide con elo, seguro que os nenos e nenas o pasan fenomenal vendo aos seus compas. O enderezo para envíalos sigue sendo o meu correo.
Por outra banda gustaríame saber, tamén, se todos puidechedes ver a avaliación, de non ser así
poñédevos en contacto conmigo para solucionalo.
En fin, non dúbidedes en comentarme todo aquelo que vos preocupe dende esta situación que estamos a vivir e que agardamos pase o mais axiña e definitivamente posible.
---------------------------------------------------------------------------------------------------
De regalo, unhas fotos dos últimos días de cole
Día da muller: 8 de marzo, os maiores viñeron contarnos os feitos de grandes mulleres!
Logo de falar na aula de mulleres con vidas importantes para o ben común, decidimos debuxar á " muller mais importante da nosa vida", a quen credes que debuxaron?
Menudos artistas, non hai como debuxar a alguén querido para que dean o mellor de si...
Unha xornada de actividades no patio, que tempos! parece que fai un século, jajjaj!
Ata outro diaaaa e moitos bksssss!
No hay comentarios:
Publicar un comentario