Queridas familias, desexo que esteades ben e que esta "situación" pase enseguida.
Superaremos esta proba, eso seguro!
PROPOSTA: "GRAVA O TEU PEQUENO VÍDEO E COMPARTEO"
Pensei nesta actividade para estar en contacto, de cando en vez, e "vernos as caras". Asi os nenos e nenas se ven e disfrutan un minuto coa actividade dalguén moi significativo para eles: os seus compas e as súas familias.
Disculpade a precariedade dos vídeos que xa enviei jajajja!, pero están feitos de corazón.
A actividade vai dirixida aos peques e aos pais e nais, irmáns, etc
Suxestións: saúdo, chiste, baile, conto "algo", conto un contiño,...seguro que xurden cantidade de ideas. Ánimo.
..........................................................................................................
PARA NO SATURAR O BLOG E PARA QUE SEXA MAIS PRIVADO IMOS FACELO A TRAVERSO DA MIÑA CONTA DE CORREO ELECTÓNICO. ENVIADE OS VOSOS VÍDEOS A : genihdp@gmail.com
NOTA: Os que non poidades ou non queirades participar nesta iniciativa, pero queredes que os vosos peques vexan aos seus compas, enviádeme o voso correo eletrónico para compartirvos os vídeos.
..........................................................................................
A través do blog irei colgando as fotos das actividades que fixemos durante os derradeiros días de cole ...E, por este medio, e pola aula virtual de infantil, algunha pequena tarefa por si queredes realizalas.
SAÚDOS E A ANIMARSE COAS GRAVACIÓNS....
No hay comentarios:
Publicar un comentario