Benvidos á clase das e dos ECOHÉROES!! Somos os nenos e nenas de 5 anos B do Luís Seoane, esperamos que participedes connosco da nosa andaina no cole.
domingo, 20 de septiembre de 2020
HORARIO SEMANAL. OLLO AOS CAMBIOS!!
PRIMEIRA SEMANA SUPERADA!
Bo día!
Mentres non rematamos de preparar as AULAS VIRTUAIS, seguiremos usando o Blogue, para, deste xeito, poder estar en contacto e compartindo as vivencias de cada día.
Primeira semana superada! Nervios, ilusión, gañas de vir á escola, novas normas, ...un coctel díficil de xestionar, pero, parece, que vai tomando forma.
Ademais de reencontrarnos con moito cariño, de establecer as novas normas e de integralas (mais ou menos), conseguimos iniciar un pequeno proxecto que nos conducidará a escoller un novo nome para a nosa aula e a aprender acerca da temática que se elixa.
1º paso: Empezamos facendo propostas, sairon moitas: cabaliños de mar, tigres, osos, lobos, bonecos dos debuxos animados, formigas,...Tras varias votacións, nas que fomos acotando nomes, o elixido foi:
LOBOS E LOBAS
Aquí podedes ver o debuxo que fixemos do lobo ou da loba, xa que, a suxerencia dunha compa: "Los niños pueden dibujar un lobo y las niñas una loba"👧👧
2º paso: Respostar á pregunta: Que sabemos dos lobiños e lobiñas?
jueves, 3 de septiembre de 2020
XUNTANZA DE AULA
MOI BOAS A TODOS E TODAS!
BENVIDOS A ESTE NOVO CURSO! ESPERAMOS SEXA DO MAIS ESPECIAL: DIVERTIDO, INSTRUCTIVO E "SAÚDABLE".
A vindeira semana teremos a xuntaza de nais e pais da nosa aula. Será presencial xa que nos parece importante unha primeira toma de contacto cercana, dado o tempo que levamos sen vernos.
Por favor, tómade nota da data e hora : MARTES 8 ÁS 12:30 (Pido disculpas, por adiantado, porque sei que é unha hora horrible, pero ...).
Dada a relevancia da información que nela se vos trasladará, é moi importante que haxa un representante de cada familia.
LUGAR: Será nunha das aulas de infantil que teña pantaia interactiva; aínda non sei en cal (o día da xuntanza, poñerei un carteliño na porta de acceso ao patio de infantil)
Tede en conta que debemos observar as seguintes medidas sanitarias:
- Vir so unha persoa por neno/a.
- Traer mascarilla.
- Gardar as distancias de seguridade.
- Usar xel antes de entrar a aula (haberá na porta)
- Os nenos e nenas non poden asistir.
Os que xa mercáchedes o material didáctico que vos pedimos para este curso, tráedeo o día da xuntanza, co nome en cada libriño e dentro dunha bolsa tamén co nome.
Por favor, envíademe confirmación da recepción deste mensaxe ao meu correo electrónico: genihdp@gmail.com, necesito saber que o recibichedes e que podedes vir á xuntanza.
Calquera dúbida poñédevos en contacto conmigo. Grazas.
Moitos bksss
viernes, 19 de junio de 2020
DESPEDIDA
Chegou o último día deste curso tan "particular" e non quería que pasase sen despedirme de vós.
Aproveito este espazo para agradecervos ás familias todo o voso apoio e ánimos durante estes meses duros para todos. Como digo no vídeo, entre todos conseguimos seguir adiante.
Ás xoaniñas... disfrutade, descansade e divertídevos moito nestas vacacións. Algúns de vós seguro que vos vexo na praia ou de paseo por Mera.
Moitos bicos e apertas para todos.
jueves, 18 de junio de 2020
HAI ALGUÉN POR AQUÍ?
CREO QUE HOXE SI QUE VAI IR UN DÍA PRECIOSO E NON IMOS TER GAÑAS DE TRABALLAR😉, PERO POR SI ACASO ALGUÉN ESTÁ DISPOSTO, RECORDADE QUE OS XOVES TEMOS:
- EDUCACIÓN FÍSICA
- RELIXIÓN
- E AS QUE ESTEAN PENDENTES DE OUTROS DÍAS...
RECORDADE QUE MAÑÁ TEMOS QUE DESPEDIRNOS, PARECE QUE CHEGA O VERÁN.
PASÁDEO MOI BEN!
miércoles, 17 de junio de 2020
BO DÍA!
PARA HOXE TEDES, NA AULA VIRTUAL:
- ACTIVIDADES DE XEOMETRÍA E
- DE TICS
POR OUTRA BANDA, O VENRES 19, REMATA O CURSO.
QUE VOS PARECE SE GRAVAMOS UNHA MENSAXE FAMILIAR PARA DESPEDIRNOS E A POÑEMOS NA AULA "AS XOANIÑAS QUEDAN NAS CASIÑAS".
ESTE CURSO ESPECIAL, MERECE UNHA DESPEDIDA ESPECIAL, NON SI?
lunes, 15 de junio de 2020
ANIVERSARIOS E...
FELICITAMOS A NICOLÁS , QUE CUMPRIU ANOS O PASADO XOVES 11 E A PABLO PRIETO, QUE OS CUMPRIU O SÁBADO 13
...........................................................X.................................................................................................
SI VISITADES A NOSA AULA VIRTUAL, ATOPAREDES VARIAS ACTIVIDADES:
- TRABALINGUAS (prácticamos a pronunciación)
- ORDENAR SECUENCIAS (exercicio de atención e razoamento)
- POEMA PARA DIBUJAR (Fomentamos a creatividade, a atención, ...)
E, TAMÉN, ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA!!
viernes, 12 de junio de 2020
FIN DE SEMANA..
DADO QUE ESTA FINDE VAI FACER MAL TEMPO, SEGURO QUE VOS ANÍMADES A FABRICAR OS BOLOS E XOGAR UNHAS PARTIDIÑAS...
miércoles, 10 de junio de 2020
XOGAMOS AOS BOLOS...
BO DÍA!
LOGO DE FELICITAR A PACO, NESTE DÍA TAN ESPECIAL, NA AULA VIRTUAL TEDES: ESTA ACTIVIDADE DOS BOLOS CON MATERIAL DE REFUGALLO E TICS
PINCHADE AQUÍ
¡ FELIZ CUMPLEAÑOS ! - Felicitación de Cumpleaños Original para dedicar ...
Cumpeaños feliz !!! (CLICA ENCIMA E ESCOITA A CANCIÓN)
E, COMO NON POIDEMOS CELEBRALO XUNTOS, AÍ VAN UNHAS FOTOS DO DERRADEIRO QUE CELEBRAMOS NA AULA, O DE IAGO Z. E O DE ALEJANDRO